Stellae fronte o Campus Virtual da USC

A partir da temática abordada nas derradeiras semanas de clase en referencia as similitudes e diferenzas entre o Campus Virtual para o alumnado da USC e a rede social Stellae que empregamos para esta materia, gustaríame aportar a miña opinión e posicionamento sobre un destes soportes. Aínda que ambos teñen un obxectivo común, no sentido de compartir, informar e relacionarnos, puidemos observar aquelas debilidades e fortalezas que presentan ambos soportes.

Persoalmente posicionome do lado desta rede social. Por un lado, en Stellae abórdanse tanto temas dados na clase, como novas temáticas que saen a partir da materia dada na aula e proposta polas alumnas e alumnos, fomentando unha participación moito máis directa e un intercambio nas opinión de cada unha de nos a vez que se traballa e reforza o pensamento crítico de todas e todos nos. Ademais, o contacto coa mestra resulta moito mais informal e de maneira mais relaxada. Cabe destacar, a facilidade coa que te adaptas e coñeces esta rede social, xa que ten un mecanismo moi fácil e moi accesible a todos.

Porén, o Campus Virtual está máis limitado, igual pola utilidade que lle damos nos, xa que non se fan comentarios nos foros e só se emprega para adquirir os apuntes que os mestres suben e para enviar mensaxes a estes en momentos de dubidas ou consultas. Igual unha nova actualización faría que este fora máis atractivo para os alumnos e se empregara moito máis que para buscar documentos.