Formación docente e centros educativos

A educación e a tecnoloxía son aliados inseparables? A día de hoxe a tecnoloxía está moito máis presente nas aulas pero pese a isto o uso que se lle da nestas é moi básico, quizais debido a que se opta máis pola educación tradicional ou que a formación dos docentes nas novas tecnoloxías educativas é escasa, ou ambas opcións. Polo tanto, si que existe unha relación entre educación e tecnoloxía, pero esta podería ser moito máis estreita e complementaria.

Logo da realización do Prácticum I nun centro escolar decateime que a pesar de posuír bastantes aparellos tecnolóxicos (ordenadores, proxectores, pizarras dixitais, tablets, ..) a maioría do profesorado opta por unha metodoloxía tradicional, sen introducir os novos recursos tecnolóxicos dos que dispoñen para as clases das rapazas e rapaces. Un pequeno grupo de mestras estaba intentando cambiar isto e optar e empregar as tecnoloxías nas súas clases, sobre todo con rapaces de educación especial, xa que ditos recursos estimulaban e motivaban aos nenos conseguindo así unha mellor aprendizaxe. 

Poren, no proxecto que elaboramos para esta materia, no cal se da importancia e protagonismo a formación dos docentes e educadores nas TIC’S, posto que sen mestras e mestres formados nesta area non se está ofrecendo unha boa educación tecnolóxica a nenos e nenas que viven nun mundo totalmente dixitalizado. Isto pode causar e axudar a que se faga un mal uso dos novos dispositivos e de Internet, así como un coñecemento moi básico sobre estes. Como mostramos no vídeo do noso proxecto: “As carencias das educadoras poden ser as carencias das nenas e nenos, ¡FÓRMATE!”.

Dito todo isto, debese destacar que é tan importante a formación dos docentes para unha boa formación educativa nas rapazas e rapaces como centros escolares dotados con estes aparellos e mestres decididos a empregalos, contribuíndo así a unha educación moito máis completa e adaptada aos nenos a nenas do século XXI.