Redes sociais como ferramenta

As redes sociais son unha ferramenta que polo de agora non vai deixar de ter importancia para a sociedade actual. Por iso debemos tratar de comprender que poden ser un recurso útil para traballar no contexto educativo. Esto é un reto educativo non un problema tecnolóxico e debemos saber estar á altura do desenvolvemento no mundo.

Debemos tratar de coñecer a realidade e aprender a xestionala, por iso tódolos axentes deben intervir. Un papel fundamental é o da familia posto que a maior parte do tempo os educandos pasano coa familia e debemos ofrecer ferramentas a ditas familias para que comprendan que as redes sociais non son perxudiciais.

Dende tódolos ámbitos dos contextos dos educandos se debe tratar de educar na importancia de comprender que é a identidade dixital. A identidade dixital vai ligada ao desenvolvemento persoal que será nun futuro parte do mundo profesional.

As redes sociais non son máis ca unha forma nova de relacionarse co resto da sociedade, esto fai que o primeiro sexa a intelixencia visiual. A información que subimos a rede é de todo tipo e debemos comprender que está nas nosas máns saber como reaccionar ante esto.

Tendo iso claro podemos dicir que as redes sociais e de comunicación son unha ferramenta que nos permite traballar conxuntamente, aprender a expresarnos de novos modos e permiten unha cohesión social moi interesante para traballar na aula.

O uso destas ferramentas facilita a comunicación, o aprendizaxe colaborativo e introduce novas formas de traballo entre todos os axentes que interveñen no proceso educativo.

https://canal.uned.es/video/5a6f584cb1111f34688b45b0