Novas medidas para os dereitos de autor

Boas! A través da rede social Twitter, atopei unha noticia do día de hoxe que me parece moi interesante compartir aquí. O títular da noticia é "Wikipedia se oscurece para protestar por la propuesta de derechos de autor de la Unión Europea". Decidin entrar no enlace e ler a noticia, xa que me chamou a atención e fixome recordar o jucio que simulamos na clase e o cal estaba basado nunha historia real. 

A noticia fala sobre as novas medidas que se queren levar a cabo pola Unión Europea sobre os dereitos de autor, concretamente, que se remuneren a certos medios de comunicación polos contidos compartidos nas plataformas on-line. 

Persoalmente, penso que estas medidas axudan a editores e/ou alguns medios a opter unha "recompensa" por aquel contido que publican mentres que restrinxen a sociedade de poder acceder e compartir información moi básica, como á plataforma Wikipedia. Isto o que fai é que se xere un coñecemento máis pechado e limitado, que incluso poida chegar a impedir que se compartan noticias ou enlaces por redes sociais como Twitter ou en blogs persoais, xa que o Copyright estará, se se aproban ditas medidas, máis presente. Quizáis a solución para que o coñecemento continue e sexa máis aberto é empregar e optar por outras ferramentas que axuden a toda a sociedade en xeral, impedindo que haxa lucramento para algúns simplemente... 

Aquí deixo a noticia para que lle botedes un vistazo e me digades que pensades:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/07/04/wikipedia-oscurece-protestar-propuesta-derechos-autor-union-europea/00031530692420495355331.htm?utm_source=twitter&utm_medium=referral&utm_campaign=twgen