• Blogs
  • Laura
  • Nativos dixitais fora do sistema educativo

Nativos dixitais fora do sistema educativo

En moitas das clases que tivemos ao longo deste curso pasado fíxose referencia ao termo de “Nativos dixitais”. Primeiramente, antes de engadir a explicación de dito concepto, gustaríame facer referencia ao concepto de “Inmigrantes dixitais”, xa que son aquelas persoas que se moven no mundo dixital actual e empregan as novas tecnoloxías pero non pertencen a xeración dixital. Quenes si pertencen a esta xeración e teñen interiorizada a tecnoloxía e as habilidades necesarias para empregala e, polo tanto, tamén fan uso dela, son os anteriormente mencionados “Nativos dixitais”.

A pesar de que existan estes conceptos, ou outros como o Conectivismo (ou tamén chamada teoría do aprendizaxe para a era dixital) para falar do momento que estamos a vivir e de como a tecnoloxía está presente en todos os ámbitos; a escola segue mantendo, maioritariamente, unha metodoloxía tradicional e desfasada que non está acorde a vida e o día a día destes Nativos dixitais fora da escola. Para isto precísanse mestres formados  e capacitados na tecnoloxía, que sexan capaces de modificar os métodos de aprendizaxe-ensinanza, introducindo as novas tecnoloxías e os dispositivos dixitais nas aulas; ademais dunha modificación nas leis e no sistema en xeral. Así estes nativos dixitais poderán sentirse realmente alumnos do século XXI e poderán mostrar toda a creatividade e potencial que gardan ou esconden neste sistema educativo actual. Hai que engadir, que se isto se fixera así, todos os alumnos en concreto, e a sociedade en xeral, recibiría moita máis información sobre a rede así como a seguridade e privacidade coa que contan nesta.

Con esta pequena reflexión, a partir dos conceptos tratados na clase, e a unión destes, só quero mostrar a miña postura cara o sistema educativo actual, un sistema totalmente atrasado que non se adapta as necesidades que mostra a sociedade avanzada e dixitalizada na que vivimos.

 Para que vexades a realidade e importancia desta situación, atopei unha noticia na cal se prohiben os móbiles nas clases...  Persoalmente, esta noticia mostra que o sistema non sabe facer bo uso dos dispositivos cos que contamos, non sabe introducilos nas aulas e só os ve como meros inimigos que hai que eliminar do mundo académico. Un gran fallo.

Aquí vos deixo a noticia para que lle botedes un vistazo:

https://www.abc.es/espana/castilla-leon/abci-movil-escuela-mas-enemigo-aliado-201802261213_noticia.html 

Espero os vosos comentarios!!! Un saúdo.

Comentarios