PLE e Conectivismo

Boas tardes a todas e a todos! Nesta publicación quero falar e unir os conceptos PLE (Personal Learning Enviroment) e o Conectivismo.

Para comezar, quero resaltar que grazas as páxinas web, blog, vídeos, as redes sociais, etc… a dia de hoxe podemos ampliar o noso coñecemento en calquera momento, da forma que nos queiramos e, compartilo!!! Isto non ocorría fai uns anos atrás.. que maioritariamente facíase a través da escola e dos libros de texto físicos e o material docente que recibíamos.

Estas novas formas de aprendizaxe veñen dadas en parte do concepto conectivismo. O conectivismo pode definirse como unha teoría de aprendizaxe que supón empregar e formarse educativamente a partir das novas tecnoloxías. É dicir, é un entorno ou conexión cos demais que se compón e inclúe todos aqueles recursos (ferramentas, fontes de información, actividades) que nos axudan a buscar, organizar, modificar, producir e compartir información e/ou coñecemento.

En relación ao anterior, o conectivismo emprega unha metodoloxía basada nos entornos persoais de aprendizaxe (PLE), que se definen, dentro do marco educativo, como aqueles sistemas que permiten aos alumnos tomar o control e a xestión do seu proceso de aprendizaxe. Un exemplo podería ser Stellae, esta rede social.

Co PLE o alumno marca os seus propios obxectivos, ademais de xestionar o proceso que debe seguir e comunicarse e socializar con outras persoas. Sen dubida podemos ver que é algo persoal, dinámico, creativo e innovador que está acorde a nosa sociedade dixitalizada, ademais dunha mellor organización das nosas redes.

Cabe destacar que o PLE non é puramente tecnolóxico, é un método que existe dende moito antes e que vai unido e identificase realmente a unha corrente pedagóxica. Na actualidade, a unión do PLE coa tecnoloxía facilita o desenvolvemento dunha pedagoxía tecnolóxica, a vez que favorece o coñecemento autónomo e a creatividade relacionándose así co conectivismo.

Engado un vídeo que explica moi ben estes conceptos: 

 

Páxinas web empregradas:

http://www.aikaeducacion.com/tendencias/que-es-un-entorno-personal-de-aprendizaje-o-ple-y-como-desarrollarlo/

http://personasqueaprenden.net/2013/07/teoria-del-aprendizaje-conectivismo-evolucion-del-constructivismo/