Aprender xogando

Nunha das pasadas clases de Tecnoloxía Educativa, o profesor Cerapio falounos dun xogo educativo chamado "Squeak Etoys". Este, é un programa para aprender xogando, que todos nos probamos na clase e descubrimos todas as súas vantaxas. E falando un pouco disto, decidín introducirme un pouco máis no tema e analizar a realidade dos xogos educativos.

Os xogos educativos están pensados para todas as idades, pero sobre todo para os nenos. Unha actitude lúdica contribúe a xerar un caráctere formativo máis creativo. Os nenos logran divertirse mentres aprenden, significando de moita mellor maneira as cousas que os xogos educativos lles ensinan. Así tamén se acentúa o valor do aprendido.

A nadie lle sorprende que aos máis pequenos lles resulte aburrido ir a clase, sobre todo, da popular matemáticas. Os xogos educativos contribúen a motivar aos nenos para que se integren cos números e desenvolvan capacidades lóxicas firmes. Para un neno ou unha nena, aprender xogando vai a resultar moito máis entretido que simplemente aprender. Os xogos educativos, polo tanto, son fundamentais para lograr unha motivación que os conduza cara un futuro máis integrado coas materias que en principio parecen aburridas.

Moitas veces dise que a capacidade de aprendizaxe dos rapaces e rapazas está condicionada pola metodoloxía que se aplica na formación. Considerando esta importancia, é vital que se apliquen novas ferramentas, positivas e motivadoras, para que os cativos se acerquen con maior docilidade cara materias que en principio poden parecer aburridas.

Según referencias atopadas, dísenos que xogos como este contribúen a "cambiar o cerebro" xa que se reduce o número de erros ata un 40%. Aquí expoño un listado de vantaxas e inconvintes de xogos como o "Squeak Etoys", según unha enquisa realizada a 505 profesores en colexios de EE.UU. Vantaxes:

1. Aproximadamente o 70% dos enquisados asegura que os estudantes que habitualmente obteñen peores resultados melloran o rendemento mediante o uso de xogos educativos.

2. Tres de cada 5 profesores afirman que os xogos incrementan a atención e melloran o nivel e calidade da colaboración entre os estudantes.

3. O 60% respondeu que o uso de xogos dixitais axuda a personalizar a docencia e a mellorar a transmisión do coñecemento e, polo tanto, o aprendizaxe dos alumnos.

4. O 62% confirma que o uso de xogos dixitais interactivos consigue facilitar o contido das asignaturas permitindo unha ensinanza máis efectiva e homoxénea entre alumnos de diferentes niveis e capacidades.

Entre as desvantaxes:

1. O uso de xogos educativos retrasaba o ritmos das clases (8%).

2. Algúns profesores observaron problemas de comportamento dos alumnos que tradicionalmente tiñan menor rendemento (7.7%).

3. Unha minoría dos profesores aseguraron haber sufrido un incremento notable dos problemas e conflictos entre os estudantes debido ao uso dos xogos (5.1%).

Cando poderemos ver estos resultados en España? Xa que se comparamos as vantaxes cos inconvintes resltan bastante satisfactorias as vantaxes que os xogos educativos nos traen. Para lograr isto, necesitanse inversións en medios tecnolóxicos, clases reducidas e, o máis importante, profesorado realmente motivado.

 

Fontes consultadas: 

http://www.kiddia.org/punset-experiencias-como-las-de-los-videojuegos-contribuyen-a-cambiar-el-cerebro

http://www.recrea-ed.cl/juegos_educativos/default.htm

http://masqueclases.com/blog/ventajas-e-inconvenientes-del-uso-de-juegos-en-educacion/