WEBQUEST

Botando unha ollada polos archivos que seleccionei para o traballo de investigación grupal, decateime de que hai unha cuestión a que aínda non fixen referencia no blog e por este motivo quero prestarlle a atención nesta nova entrada as WEBQUEST!! Si, de novo, chega a min un novedoso concepto sobre o que poder indagar para profundizar nel e verlle utilidade práctica na realidade educativa.

Recordo que na aula traballamos sobre o concepto, buscamos información sobre o seu significado e mesmo vimos exemplos moi claros de webquests, (véxase a webquest máis coñecida, Holly Dolly clicando no seguinte enlace http://www.bioxeo.com/Hello_Dolly/index.htm), a través dos cales se pode ver a súa estructura e compoñentes fundamentais.

Retomando o dito ó comezo, o documento que empregarei para traballar sobre as WEBQUESTs leva por título: TICs en la Educación Universitaria elaborado por Robert Aldo Velásquez Huerta, diplomado en Docencia Universitaria.

Tal documento, foi seleccionado para tal fin polo mero feito de que, unha vez lido, axudoume a comprender claramente que son as webquests, pois indaga nas súas orixes e explica polo miúdo cales as súas características e elementos básicos.

Deixovos aquí o enlace ó documento: http://es.scribd.com/doc/3781654/TICs-Educacion-Universitaria#page=6

Dito isto e antes de comezar a indagar no termo, teño que facer referencia ó feito de que, hoxe en día, unha das actividades máis que frecuentes que todos/as realizamos en Internet é a búsqueda de información. Pero eu mesmamente podo dicir que estas búsquedas se poden convertir en desesperantes se non atopamos o que realmente buscamos e ademais poden levar moito tempo, sernos difíciles e mesmos frustrantes.

Agora ben, coido que esta cuestión pode verse resolta grazas o emprego das WEBQUEST, pois son un tipo de actividade de aprendizaxe que se leva a cabo con recursos que se atopan na rede, ou sexa, en Internet.

Así o seu obxectivo fundamental é lograr que os estudantes fagamos un bo uso do tempo asignado para unha actividade, investigando, seleccionando e analizando a información precisa para mellorar a comprensión sobre o tema da tarefa designada.

Facendo referencia ó documento, algunhas das definicións que nel se recollen  por diferentes autores son as seguintes:

Segundo Bernie Dodge (1995), o seu creador, WebQuest é: "unha actividade de indagación e investigación enfocada a que os alumnos obteñan toda ou a maior parte da información que van utilizar de recursos existentes en Internet. As WebQuests foron ideadas para que os alumnos fagan bo uso do tempo, priorizando a utilización da información máis que a súa busca, e para apoiar o desenvolvemento do seu pensamento nos niveis de análise, síntese e avaliación".

Logo, tal e como indica Adell, J. (1998) unha WEBQUEST é “unha actividade didáctica que propón unha tarefa factible e atractiva para os estudantes e un proceso durante o cal os alumnos/as traballarán coa información: analizar, sintetizar, comprender, transformar, crear, juzgar y valorar, xerar nova información, publicar, intercambiar ou compartir.  A tarefa debe ser algo máis que simplemente contestar preguntas concretas sobre feitos ou conceptos ou copiar o que aparece na pantalla do ordenador nunha ficha. Idealmente, a tarefa central dunha WebQuest é unha versión reducida do que as persoas adultas fan no traballo, fóra dos muros da escola".

E xa Rodríguez García  (1998) define a WebQuest do seguinte xeito:

-          WebQuest é un modelo de aprendizaxe extremamente simple e rico para propiciar o uso educativo de Internet, baseado na aprendizaxe cooperativa e en procesos de investigación para aprender.

-          Unha WebQuest é unha actividade enfocada á investigación, na que a información usada polos alumnos é, na súa maior parte, descargada de Internet. Basicamente é unha exploración dirixida, que culmina coa produción dunha páxina Web, onde se publica o resultado dunha investigación.

-          WebQuest é unha metodoloxía de aprendizaxe baseada fundamentalmente nos recursos que nos proporciona Internet que incitan aos alumnos a investigar, potencian o pensamento crítico, a creatividade e a toma de decisións, contribúen a desenvolver diferentes capacidades levando así os alumnos a transformar os coñecementos adquiridos.

Entón disto, extraio que, as WEBQUESTS son actividades estructuradas e guiadas que proporcionan ós alumnos/as unha tarefa moi ben definida, así como os recursos e as consigas necesarias que lles permitan realizala, pois na vez de perder horas na búsqueda da información, os alumnos/as aprópianse, interpretan e empregan as información específicas para a tarefa que o profesor lles asigne.

Polo tanto, seguindo os autores Brulacher B. & Gimbert B., unha WEBQUEST consiste básicamente en presentarlle ó alumnado un problema, unha guía de proceso de traballo e un conxunto de recursos preestablecidos accesibles a través dunha páxina ou unha aplicación web, onde a metolodoxía é de traballo cooperativo en pequeno grupo, desenvolvéndose a tarefa empregando os recursos que Internet ofrece.

Agora ben, eu preguntome, e pedagoxicamente falando que sentido ten o emprego da WEBQUEST? Para responder a esta cuestión de novo, seguin o documento ó que anteriormente fixen referencia.

Nel indícase que, o uso das WEBQUEST responde á necesidade de imperiosa de desenvolver nos alumnos/as a CMI, é dicir, a Competencia de Manexo da Información.

Isto é así porque tal competencia enténdese como absolutamente necesaria nun mundo como o presente onde o volumen de información se duplica e expande constantemente ó igual que ocorre co coñecemento científico, polo tanto a necesidade de desenvolver no estudantado a CMI, é imprescindible para poder afrontar a busca, avaliación, organización e emprego da información procedente de fortes moi variadas e ricas en contido.

Así, a base pedagóxica que sustenta a validez das WEBQUEST atópase na teoría da Aprendizaxe Constructivista, concretamente no modelo didáctico da Aprendizaxe Mediada, segundo o cal o alumno/a non é unte pasivo/a, senón que se converte en principal protagonista do traballo, onde o mediador é quen elabora e deseña a WEBQUEST para a actividade educativa e é o profesor quen ten a responsabilidade de tender a ponte entre o medio e o suxeito para chegar a WEBQUEST propiamente dita.

Analizando todo isto, coido que as WEBQUEST, son unha boa ferramenta ademais dunha moi boa estratexia didáctica onde os alumnos/as son os que realmente constrúen coñecemento que logo asumirán e aprenderán.

Xa non é só unha boa maneira para que os profesores/as ensinen, senón máis ben que é unha novedosa forma para que os alumnos/as aprendan, simplemente a través da investigación na rede.

 FONTES EMPREGADAS:

http://es.scribd.com/doc/3781654/TICs-Educacion-Universitaria#page=6

http://edweb.sdsu.edu/people/bdodge/bdodge.html

Dodge Bernnie (1995). Some Thoughts About WebQuests.