ÚLTIMA ENTRADA: REFLEXIÓN

Nesta nova entrada ao meu blog dou por finalizada a miña etapa nesta materia (Tecnoloxía Educativa). Dende o meu punto de vista a asignatura máis novidosa que demos no que levamos de carreira, xa que é a primeira no que se refire as novas tecnoloxías da información e da comunicación e sobre todo o seu novidoso e diferente método de aprendizaxe.

Co paso do tempo e avanzando na materia fun mudando o meu interese por este tema e a miña implicación foi sendo cada vez máis positiva. Penso que traballar a materia desde este punto de vista é proveitoso para nos, xa que, como normalmente pasa, algo diferente e que se distancia da rutina, fai que lle prestemos máis atención e nalgunhas ocasións nos impliquemos máis.

En definitiva, dicir, que para min foi unha experiencia positiva, onde experimentei unha evolución no meu traballo e onde aprendín sobre temas e contidos relacionados coa materia, dun xeito diferente e empregando os meus propios recursos de ensino-aprendizaxe.

Ata logo!! :)