Edupunk

Seguindo a liña temática dos meus últimos blogs en relación co conectivismo,  web 2.0,  PLE, e as súas incidencias  sobre a forma de entender a educación hoxe en día, vou falar doutra forma de mellorar as comunicacións e o aprendizaxe, esta vez na universidade mediante  Edupunk.

Este concepto creado por Jim Groom, especialista en tecnoloxía educativa e profesor da University of Mary Washington, e que se daba a coñecer o 25 de maio deste mesmo ano consiste nunha corrente de aprendizaxe que se define baixo a frase de “Do it yourself” (fágao vostede mesmo).

Relacionada co movemento musical punk, esta corrente nace como oposición o sistema establecido no que a información e o uso de internet é poder.  Neste caso, coas plataformas universitarias, das cales ten o monopolio Blackboard.

Antes as universidades gastaban un montón de diñeiro comprando plataformas educativas virtuais nas que alumnos e profesores subían os seus contidos ademáis de ser a súa vía de comunicación.

 Estas tecnoloxías constituían un sistema de xestión de aprendizaxe (Learning Management System, LMS, ou Course Management System, CMS). Pertencían a web 1.0, tiñan un carácter cerrado e eran de tipo comerciais con un elevado custe  econóomico.

Moitas universidades intentaron crear pola aús conta una LMS pero o seu constante mantemento e difícil creación representaron una traba polo que se crearon como antecesor da Blackboard a  WebCT nos 90. Tamén era de tipo comercial e cerradas polo que a comprou Blacboard no 2006. Fai dous anos, apareceu Moodle outra aplicación aberta a que se pasaron moitas universidades españolas pero que tamén comprou Blackboard.

En resposta a este monopolio de Blackboard e coa entrada da web 2.0, Groom idea unha plataforma aberta e gratuíta onde os propios invidividuos poden crear e personalizar as plataformas educativas en función das súas necesidades.

 A web 2.0 permite a creación, xestión, colaboración e publicación.

 Ademáis estas ferramentas son de código aberto, é decir, por tanto permiten unha personalización e integración. Son gratuitas ou de baixo conste. A súa aprendizaxe é sinxela e adáptanse fácilemtne a necesidades específicas. Polo tanto, necesitanse poucos coñecementos técnicos.

Pero ademais, a estratexia edupunk implica que son as personas e as suas redes o centro do proceso de aprendizaxe e a base da innovación e non a tecnoloxía por si mesma.

En resumen, vemos que hoxe en día o e-learnig e a  web 2.0 ofrécenos todo tipo de recursos educativos  abertos, que nos axudan a indagar, a construír nós mesmos as aprendizaxes e a unha maior motivación. Ademáis, plasmar o noso coñecemento nunha rede social, nunha plataforma, ou nunha páxina web ou blog, fai que o noso proceso de investigación teña utilidade para o resto da comunidade polo que poñerremos máis empeño en fecelo da mellor forma posible, contrastando mellor a información e indagando mellor no ámbito de estudio. Maís que si plasmaramos todo isto nun simple traballo para entregar a un profesor.

Baixo o meu punto de vista, esta forma personalizada de entender, procesar, e interiorizar o coñecemento é máis útil que a elaboración dun traballo ou un exame. Gracias a web 2.0 e as múltiples posibilidades educativas que ofrece a tecnoloxía, nós somos os responsables de construír e transmitir o coñecemento, e aprender do coñecemento que xera outras persoas nunha dimensión máis aberta, a parte dos institucionalismos, facultades e  títulos académicos.

Está nas nosas máns levar a estas institucións a nova forma de entender a educación, renovalas. Facendo do coñecemento algo que flue e que xorde de forma espotánea que se enlace con outros coñecementos e que se evalúe este proceso e non una materia concreta o día do exame.

 

Webgrafía:

- Edupunk: http://nomada.blogs.com/jfreire/2008/07/educacin-abiert.html

- Moodle: http://es.wikipedia.org/wiki/Moodle

- Web 2.0: http://es.wikipedia.org/wiki/Web_2.0

- WebCT: http://es.wikipedia.org/wiki/WebCT