Weblog

Hoxe en día, cando unha persoa se plantexa realizar unha búsqueda pola rede non é extraño que aparezan os webglobs ou globs como fonte xa non só de comunicación senón tamén de información e contidos de interese que responden a visión persoal dos seus autores.

Eu mesma son consciente disto cando navego pola rede coa intención de buscar información e tropezo con termos que da noite á mañá están de moda e se repiten constantemente.. Blog, Weblog, Bitácora. 

Isto resultoume curioso, pois xa non só nos remitimos a popular enciclopedia wikipedia ou a revistas electrónicas nin tan sequera ós libros senón que cada vez máis recurrimos ós Blogs e concretamente ós Blogs educativos se temos coñecemento deles para coñecer o que outros manifestan ó respecto dun tema de interese. A prol disto, decidín indagar máis acerca dos Weblogs para saber que son e que utilidade teñen para o ámbito educativo.

Así, tomando as palabras do escritor e profesor universitario José Luis Orihuela, pódese dicir que os weblogs ou blogs son diarios persoais publicados en Internet. Sendo máis consisos, son un formato de publicación en liña que ben se poden definir como recursos informativos e interactivos en formato web textual ou multimedia, nos que unha persoa ou grupo de persoas introducen por orde cronolóxica novas, opinións, suxerencias, artigos, reflexión ou calquer outro tipo de contifo que consideran de interese, enlazados frecuentemente a outros sitios web e coa posibilidade de manter un diálogo escrito entre o autor e os lectores.

Para obter máis información recomendo visitar o blog de dito autor: http://www.ecuaderno.com/jose-luis-orihuela/

Con isto xa non cabe dúbida de que os webglobs son actualmente un dos fenómenos comunicativos en Internet tanto pola súa variedade de uso como polas súas características. Neste senso, segundo expón a profesora de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación na Universidade de Alicante Rosabel Roig Vila, no seu Blog persoal http://eduticua.blogspot.com.es/ entre as posibilidades dos weblogs encontramos as seguintes:

-          Desempeñan un papel relevante en importantes temas que os medios de comunicación convencionais non cubren e en países cunha liberdade de expresión limitada ou con escasos medios.

-          Son empregados con éxito para determinadas campañas, diarios persoais, proxectos, medios de comunicación e sitios para redes de comunidades.

-          Os seus lectores poden suscribirse a eles gratuitamente e saber da súa actualización automática, por exemplo, vía RSS.

-          Son espazos de comunicación persoal, o que significa que os contidos non están sometidos a ningunha orde de composición, son de carácter subxectivo e fan referencia á opinión e crítica persoal de quen escribe.

-          Os seus contidos abarcan calquera tipoloxía (economía, sociedade, gastronomía, cine, literatura, cultura e educación, etc), pois os temas son tan heteroxéneos como as persoas que elaboran Weblogs.  

-          Os seus contidos presentan unha marcada estructura cronolóxica. A publicación non ten porque ser diaria pero un weblog sempre será mellor valorado canta máis continuidade teñas os seus temas.

-          É frecuente que adxunten enlaces a sitios webs claramente relacionados co contido que se está a tratar, pois para que un Weblog sexa eficaz a persoa autora debe conseguir un equilibrio entre unha boa exposición de contidos xunto cunha labor de seguimento na rede daqueles sitios ou referencias que resulten de interese para o usuario.

-          Os Weblogs son moi interactivos e mesmo didácticos, pois os lectores poden comunicarse co autor mediante comentarios,  aportacións, opinións e suxerencias sobre a temática en cuestión.

Agora ben, que posibilidades ofrecen os Weblogs para o ámbito educativo. Esta cuestión pode responderse dende diferentes perspectivas, pois os weblogs poden entenderse como un recurso fundamental para e expresión e comunicación na aula.

Xa que logo baixo esta premisa, plantéxase empregalos como recursos para a escritura tal e como indica Bull os weblogs son fundamentais para estimular a expresión e comunicación na aula: "Para encamiñar aos estudantes na escritura, é necesario ofrecerlles oportunidades igualmente ricas e espazos auténticos nos que poidan escribir. Os diarios electrónicos ( blogs) ofrecen unha ferramenta diferente e o potencial de reinventar o traballo que se realiza cos diarios de papel na aula de clase retando aos estudantes e mestres a pensar en normas de escribir auténticas. Os diarios electrónicos demandan publicacións multimedia, escritura concisa e precisa, respostas regulares e a tempo e un xeito novo e excitante de involucrar os estudantes" FONTE: http://www.eduteka.org/Weblogs1.php

Por outro lado,  Castaño e Palacio ( 2006) indican tres posibilidades de uso de weblogs:

1.  Como ferramenta de xestión o coñecemento: web do profesor coas posibilidades que ofrece o weblog.

2. Como espazo Web: para reflexións do alumnado sobre a súa aprendizaxe, onde o weblog  identifícase cun portafolios electrónico.

3. Como rede de aprendizaxe: é o recurso que posibilita a creación de comunidades de aprendizaxe.
Ademais, tomando como referencia a Cabero ( Cabero, Xullo"novas tec. aplicadas á educacion pg236), tamén se poden crear weblogs como ferramentas para a investigación, pois por unha banda serán os archivos electrónicos para as notas de campo, reflexións e observacións do investigador/a e, doutro lado facilitarán colaboracións efectivas entre os investigadores que traballen na mesma temática.

En definitiva, actualmente os weblogs supoñen unha auténtica revolución na rede no que á comunicación e información se refire e, como xa ben dixen anteriormente ofrecen multitude de posibilidades educativamente falando.  Á vez tamén son espazos persoais nos cales a o seu autor/a expresa libremente as súas inquedanzas e opinións acerca dun tema en concreto.

Son tantos os weblogs que actualmente se atopan circulando pola rede que seria imposible contabilizalos pois a cifra cada vez vai en aumento. Aínda así para ter unha idea da cantidade de webloggers ou bloggers pódense ver varios exemplos na páxina de Top Bitácoras onde se inclúe un rankins dos blogs hispanos máis populares e influíntes na rede: http://bitacoras.com/top

FONTES EMPREGADAS:

http://www.ecuaderno.com/jose-luis-orihuela/

http://www.eduteka.org/Weblogs1.php

http://cecybarajasf.wordpress.com/2008/04/30/internet-aplicado-a-la-educacion-ii-weblogs/

http://www.weblogssl.com/que-es-un-blog

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2235846