E-learning. Rol do pedagogo.

Anteriormente falei dos termos conectivismo, PLE, Edupunk, pero non falei do termo que os engloba a todos, o e-learning.

O e-learning é unhaa simplificación do termo Electronic Learning. Consiste na educación e capacitación a través de internet. Este tipo de aprendizaxe on-line permite a interacción do usuario cas ferramentas informáticas.

Neste modelo, o estudiante é o actor principal do seu proceso de aprendizaxe que aborda desde o seu propio compromiso e motivación. É quen elixe os contidos de maneira significativa e apartir deles constrúe novos conceptos cun maior nivel de abstracción e argumentación.

Mediante o e-learning dáse un aprendizaxe personalizado como, cando e onde ti queiras, e co ritmo que ti mesmo establezas.

Nel podemos establecer dous aspectos:

-          O pedagóxico, referido a Tecnoloxía Educativa como disciplina das ciencias da educación, vinculada os medios tecnolóxicos, a psicoloxía educativa e os medios didácticos.

-          O tecnolóxico, referido á Tecnoloxía da Información e Comuniccación, mediante o diseño, personalización, implementación, aloxamento e mantemento de información onde se integran as tecnoloxías de código aberto (Open Source).

Como falamos anteriormente, os soportes máis comúns son as plataformas LMS (Learning Management Systems) como Blackboard, Moodle ou plataformas abertas como Edupunk.

A simple vista os aspectos máis tanxibles son os tecnolóxicos, pero o que realmente fundamenta o e-learning é a corrente pedagóxica de constructivismo e interaccionismo que hai detrás.

Os beneficios do e-learning son:

  • Reducción de costos: permite reducir ou eliminar gastos de traslado, aloxamento, material didáctico, etc.
  • Rapidez: As comunicacións a través de sistemas na rede confieren rapidez y axilidade as comunicacións.
  • Acceso just-in-time: os usuarios poden acceder o contido desde calqueira conexión a Internet.
  • Flexibilidade da axenda: non se require que un grupo de personas coincidan en tiempo e espacio.

Polo tanto vemos que o e-learning é un modelo pedagóxico. Entón, cal será o rol do pedagogo nas propostas de e-learning?

-          O pedagog@ cumple una función de acompañamento que facilita o aprendizaxe pola súa claridade na guía instruccional.

-          Encóntrase en contacto e comunicación permanente co estudiante, propiciando así apoio tutorial por este mesmo medio.

-          Realiza a evaluación do proceso, continuidade e desenvolvemento acadado polo alumno, aquí o docente autoregula e dinamiza os procesos de aprendizaxe.

Modelo pedagóxico de aprendizaxes virtuais.