Recursos analóxicos e dixitais.

Para comezar a falar sobre os recursos analóxicos e dixitais que actualmente se nos ofrecen, primeiro é conveniente saber o que é un recurso e, especialmente, o que é un recurso educativo. Así ben, podemos dicir que un recurso educativo é calquera material que, nun contexto educativo determinado, sexa empregado cunha finalidade didáctica ou para facilitar o desenvolvemento das actividades formativas. Os recursos educativos que se poden empregar na ensinanza e aprendizaxe poden ser ou non medios didácticos. Un vídeo para aprender o que son, por exemplo, os volcáns e a súa dinámica será un material didáctico (pretende ensinar), en cambio un vídeo cunha reportaxe da National Geographic sobre os volcáns do mundo, a pesar de que poida empregarse como un recurso educativo, non é en si mesmo un material didáctico (so pretende informar).

Despois de acalarar este aspecto, diremos que, como xa vimos nunha das sesións expositivas, hai diferentes tipos de recursos: recursos dixitais e recursos analóxicos. Ambos, son ferramentas para a comunicación social, non teñen neutralidade ideolóxica, están regulados polas industrias culturais e conforman a contrucción metodolóxica. Partimos de supostos básicos como que non son meros depositarios de información, senón que son tamén estructuradores do proceso e actividade de aprendizaxe. Engadiremos tamén que codifican o coñecemento e a cultura a través de formas de representación figurativas e/ou simbólicas e esixen do suxeito a activación de distintas habilidades cognitivas.

Vemos que comparten características en común, pero teñen rasgos definitorios que fan que se convirtan en tipos de recursos moi distintos. Así é:

- Recursos analóxicos: a onda é grabada ou usada na súa forma orixinal. A información é concreta e similar á realidade. Así, podemos poñer como exemplo da tecnoloxía analóxica os libros, máquinas de escribir, xornais...

- Recursos dixitais: a información ven dada en forma de códigos, os cales hai que descifrar para logo interpretar, polo tanto, non hai unha similitude coa realidade. Poñeremos como exemplo dos recursos dixitais: os ordenadores, os proxectores, as páxinas web...

Vivimos nun mundo onde as novas tecnoloxías acaparan gran parte dos recursos empregados, tanto en educación como noutras áreas. Polo tanto, é indiscutible que cada vez se lle está dando máis importancia aos recursos dixitais que aos analóxicos, deixando estes reemplazados polos outros. Cada día se ven máis aulas dotadas deste tipo de material, ainda que non se desplacen de todo os analóxicos. Pero... que quere dicir todo isto? son mellores os recursos dixitais? acabaremos por non empregar os analóxicos?

Dende a miña forma de pensar, creo que os recursos analóxicos teñen unha serie de vantaxes e tamén unha serie de inconvintes fronte aos dixitais. É dicir, todos sabemos que é moito máis rápido e doado realizar traballos se temos ordenadores, acceso a internet... pero tamén temos que ver que estes teñen un custe moito máis elevado. Desta forma vemos que a sociedade vai cambiando a súa estructura mental adaptándose aos novos tempos e ao que se lle ofrece. Vemos, por exemplo, que hai unha serie de recursos analóxicos que nos últimos anos pasaron a convertirse en dixitais, debido ás súas vantaxes: cámaras de fotos, grabadoras de vídeo, sistema telefónico...

Remato decindo que dende o meu punto de vista, uns non deben suplantar aos outros, senón que deben manter unha relación dinámica e compensatoria, para desta maneira, poder acceder a uns ou a outros e que nos sirvan como recursos que son. Non son uns mellores ca outros, simplemente son diferentes.


Fontes:

http://www.monografias.com/trabajos27/analogico-y-digital/analogico-y-digital.shtml

- Apuntamentos de clases expositivas.