Competencias Dixitais

Como conclusión dos temas abordados, quería falar dun último aspecto relacionado coa finalidade da Tecnoloxía Educativa.

A finalidade da Tecnoloxía Educativa é a de acadar unha serie de Competencias Dixitais. ¿Pero que son ditas competencias?

As competencias dixitais son a capacidade de utilizar o coñecemento e as destrezas relacionadas co desenvolvemento de elementos e procesos para empregar de forma máis eficaz e eficiente os instrumentos e recursos tecnolóxicos.

Estas nacen nas TIC as cales se axudan de diferentes ferramentas tecnolóxicas que buscan, almacenan, procesan e comunican información.

ditas ferramentas son por exemplo, o ordenador, programas, procesadores de texto, mesaxerñia instantánea, traballos en diferentes formatos como texto, audio, video e a comunicación entre os invididuos por chats, foros, blogs, etc.

Jordi Adell menciona a integración das TIC na aula para o desenvolvemente de competencias dixitais en 5 principios:

  1. Acceso: Aprender a utilizar correctamente a tecnoloía.
  2. Adopción: apoiar a unha forma tradicional de enseñar e aprender.
  3. Adaptación: Integración en formas tradicionais de clase.
  4. Apropiación: uso colaborativo, proxectos e situacións necesarias.
  5. Innovación: Descubre novos usos da tecnoloxía e combinan as diferentes modalidades.

Como cita Jordi Adell, neste mundo complexo e cambiante debemos desenvolver habilidades e competencias basadas no coñecemento mal estrucutrado, poliédrico e en interacción constante. A ensinaza baseada en problemas invitan o alumno a investigar, dialogar, reconstruir a información xerando así o seu propio aprendizaxe