Redes sociais

Non me gustaría pechar esta experiencia no blog sen falar das populares REDES SOCIAIS tan coñecidas e empregadas por todos/as nós e que non resultan desapercibidas para ninguén. Comunicación- interacción

Ademais non se pode esquecer que, ó longo desta materia, viñemos traballando cunha plataforma de traballo diferente que é nin mais nin menos unha rede social, a cal serviu como soporte do mesmo.

Dito isto, primeiramente botarei man, dalgunha definición e xa logo me centrarei en expor a miña propia experiencia persoal con elas.

Neste senso, xa ninguén dubida de que as redes sociais na Internet gañaron o seu lugar no mundo, instalándose nas nosas vidas tal e como se fosen un pilar fundamental, pois non é estraño que moitas persoas non conciban o seu día a día sen usar unha rede social.

Para comprender un pouco este fenómeno vertixinoso é preciso citar algunha definición básica que nos permita comprender que é unha rede social por unha banda que é unha rede social de Internet pola outra.

Para elo empregarei as definicións aportadas por Wikipedia.

Entón as redes sociais son estructuras sociais compostas grupos de persoas, as cales están conectadas entre sí xa sexa por un por varios tipos de relacións, tales como a amizade, parentesco, intereses comúns ou que comparten coñecementos.

Pola contra, as redes sociais no ámbito de Internet refírense a páxinas que permiten ás persoas conectar e comunicarse cos seus amigos sen necesidade de contar coa presenza do outro, simplemente a través da rede. Así, chegan a crearse novas amizades, a compartir contidos, interactuar, crear comunidades sobre intereses similares: traballo lectura, xogos, amizade e relacións interpersoais.

As redes sociais de Internet son un fenómeno hoxe en día imperante e sobre todo moi influínte nas persoas grazas ó poder de comunicación ininterrompida que Internet facilita e ofrece. 

Este feito mesmo pode chegar a converternos en dependentes e inclusive en adictos á constante comunicación e interacción cos demais a través das redes sociais.

A miña propia experiencia é bastante reveladora, pois nun primeiro intre recoñezo que era moi reacia ó uso das redes sociais ou do emprego dos móbiles para manter o contacto cos meus amigos/as, pois consideraba que esa relación ó non ser directa nin cara a cara non me servía para nada.

Pero agora a miña opinión mudou e moito! Practicamente a diario, por non dicir sempre, estou conectadas ás redes sociais, xa sexa Tuenti ou facebook, pero aínda máis enganchada estou ó teléfono móbil, pois as diversas aplicación de comunicación descargadas como WhatsApp ou Viber facilítanme enormemente o poder estar en contacto cos demais as 24 horas do día sen necesidade de moverme dun punto concreto para facelo.

Redes sociais

Máis ben coido que isto non me beneficia, senón que me está convertendo nunha persoa dependente do móbil polo que intuo que as consecuencias disto non serán nada boas.

Dalgún xeito teño que tomar o control e non deixar que un dispositivo móbil o faga por min.

Imaxino que non serei eu soa a que se atope nesta situación senón que tamén algún de vós se verá reflexado en min, pois ó fin e o cabo nos tempos que vivimos é algo absolutamente normal que suceda.

Como curiosidade deixo aquí un enlace que remite ó ranking das 10 redes sociais máis populares: http://www.10puntos.com/redes-sociales-mas-populares/

As fontes que empregei para realizar esta entrada foron as seguintes:

http://es.wikipedia.org/wiki/Software_educativo

h<ttp://www.conocimientosweb.net/zip/article108.html

http://campus.usal.es/~teoriaeducacion/rev_numero_04/n4_art_suarez.htm