Ampliación de aulas dixitais en Galicia. Proyecto Abalar

Na edición dixital de La Voz de Galicia de hoxe podemos ler esta noticia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/06/06/aulas-digitales-amplian-proximo-curso-165-nuevos-centros/0003_20120620120606140548526.htm. Debemos alegrarnos xa que os recortes en educación poñían en perigo a dotación de novas tecnoloxías nas escolas e acababan con moitos novos proxectos.

En esta noticia fálase do proxecto Abalar, pertencente á Conselleria de Educación na Comunidade de Galicia, como encargado de dotas as aulas dixitais aos colexios. O proxecto Abalar contempla a integración das Tecnoloxías de Comunicación e Información nas aulas de maneira transversal a todos os aspectos das institucións educativas.

Este proxecto optimizará os recursos para o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais cos que contan os centros.

Búscase con este proxecto que a tecnoloxía forme parte de todo o proceso educativo do centro, non só nos contidos curriculares, se non que ofrecendo axuda en todos os ámbitos.

Os pasos para o desenvolvemento do proxecto son:

-          Equipamento e infraestructuras.

-          Contidos educativos.

-          Formación e fomento da cultura dixital.

-          Integración e participación.

En archivos subo tamén unha presentación en pdf da Xunta de Galicia coa estratexia de despregamento do proxecto.