Conectivismo

O conectivismo, é unha teoría de aprendizaxe para a idade dixital foi desenvolvida por George Siemens con base na análise das limitacións do condutismo, do cognitivismo e do construtivismo para explicar o efecto que tivo a tecnoloxía sobre o xeito no que actualmente vivimos, nos comunicamos e aprendemos, así como para deixar de facer fincapé no feito de que a aprendizaxe ocorre dentro de nos. Considera a aprendizaxe coma un proceso, enfocado en conectar conxuntos de información especializada e as conexións que nos permiten aprender máis teñen maior importancia que o noso estado actual do coñecemento, que ocorre ao interior de ambientes e elementos centrais cambiantes que non están por completo baixo control do individuo.

Esquema das catro dimensións da aprendizaxe

As principais características do conectivismo son:

  • A aprendizaxe e o coñecemento dependen da diversidade de opinións.
  • A aprendizaxe é un proceso de conectar nodos ou fontes de información especializados.
  • A aprendizaxe pode residir en dispositivos non humanos.
  • A capacidade de saber máis é máis crítica que aquilo que se sabe nun momento dado.
  • A alimentación e mantemento das conexións é necesaria para facilitar a aprendizaxe continua.
  • A habilidade de ver conexións entre áreas, ideas e conceptos é unha habilidade clave.
  • A actualización (coñecemento preciso e actual) é a intención de todas as actividades conectivistas de aprendizaxe.
  • A toma de decisións é, en si mesma, un proceso de aprendizaxe.

O fluxo de información é un elemento importante da efectividade organizacional. Crear, preservar e utilizar o fluxo de información é unha actividade organizacional clave.

O punto de partida do conectivismo é o individuo. O coñecemento persoal componse dunha rede, a cal alimenta a organizacións e institucións, as que á súa vez retroalimentan á rede, provendo nova aprendizaxe para os individuos.  Este ciclo de desenvolvemento do coñecemento permítelle aos aprendices estar actualizados na súa área mediante as conexións que formaron.

Comentarios

  • Irene López Crespo

    O conectivismo presenta un modelo de aprendizaxe que ten en conta os constantes cambios e transformacións que sofre a sociedade actual, e ten en conta as diferencias que presenta a aprendizaxe, a cal xa non é unha actividade interna e individual, derivadas do emprego de novas ferramentas.

    O sistema educativo tardou en incorporar estas novas ferramentas a súa actividade cotiá, polo que se pode afirmar que foi, durante unha tempada, unha área que non formou aos seus clientes para incorporarse a sociedade e ao mundo laboral que se estaba forxando.

    Por isto, podo describir ao conectivismo como un soplo de aire fresco para as habilidades de aprendizaxe, pola cal as novas tecnoloxías reciben a relevancia que lles corresponde dentro desta área,contribuíndo de xeito activo a incluír as TIC nas nosas realidades e evitar calquera novo xeito de analfabetismo.

    Así mesmo, hei de comentar que considera que existe unha eiva á hora de establecer o conectivismo como modelo de aprendizaxe, e é que esta actividade contribuiría a un aumento do sesgo informacional. Se calquera pode escribir, calquera pode aportar a súa opinión, polo que a obxectividade da información para lograr unha óptima adquisición de coñecementos, podería verse obstaculizada e subxectivada.