Alfabetización Dixital

A dixitalización da información constitúe a clave da creación de entornos y documentos multimedia. Coa dixitalización facilítase a transmisión da información, a través das redes de comunicación, así como o acceso inmediato a un documento dende calquera parte do mundo conectado.

Para podes acceder a toda esta información da que se dispón, na rede, precísanse unhas determinadas destrezas, é dicir, unha alfabetización dixital. Este termo adquiriu unha gran popularidade nos últimos tempo. Un dos autores que máis contribuíu a isto foi Gilster, quen se refire a este fenómeno educativo como a “capacidade de comprender e usar a información en múltiples formatos”, pero tamén a entende como a “competencia de avaliación do contido e do pensamento crítico sobre a información”, sendo esta última a competencia máis esencial e primordial. De igual xeito suxire a existencia de catro competencias centrais na alfabetización dixital:

  • Construción de coñecemento.
  • Búsqueda en internet.
  • Avaliación do contido: a alfabetización dixital que se propón dende aquí é aquela que capacite ás persoas para utilizar os procedementos adecuados ao enfrontarse, criticamente, a distintos tipos de textos e para valorar o que sucede no mundo.

A alfabetización dixital non debe entenderse como a adquisición descontextualizada das destrezas e coñecementos anteriormente citados, senon que é debe entenderse como a habilidade para localizar, organizar, entender, avaliar e analizar información utilizando tecnoloxía dixital. Implica tanto o coñecemento de como traballa a alta tecnoloxía de hoxe día como a comprensión de como pode ser utilizada. As persoas dixitalmente alfabetizados poden comunicarse e traballar máis eficientemente especialmente con aqueles que posúen os mesmos coñecementos e habilidades.

Os centros educativos están continuamente actualizando os seus plans de estudos para manterse ao día con acelerados desenvolvementos tecnolóxicos. Isto, a miúdo se asocia, con ordenadores nas aulas, a utilización de software para expor os plans de estudo e materiais de estudo dispoñibles on-line para os estudantes. Así mesmo, comezan a deseñarse aulas para dar solución á cuestión da alfabetización dixital.

Partindo de aquí, débese facer fincapé no desenvolvemento de catro dimensións formativas: 

Dimensións da alfabetización dixital

Comentarios