Redes Socais e Educación

As redes sociais son comunidades virtuais onde os seus usuarios interactúan con persoas de todo o mundo con quen atopan gustos ou intereses en común. Funcionan como unha plataforma de comunicacións que permite conectar xente que se coñece ou que desexa coñecerse, e que lles permite centralizar recursos, como fotos e vídeos, nun lugar fácil de acceder e administrado polos propios usuarios.

                       Imaxe Redes Sociais

O sistema educativo adáptase adecuadamente á aplicación das redes sociais, xa que a estrutura social do mesmo está formada por profesores e alumnos e as arestas por relacións educativas. A aula é unha pequena sociedade formada polo profesor e os seus alumnos.

A pesares disto, as redes sociais non son ferramentas de aplicación en educación, a pesares de que contan con múltiples posibilidades que favorecerían, positivamente, dito sistema. Porén, e a diferenza das aplicacións 2.0, os beneficios das redes sociais non son inmediatos.

No ámbito educativo a capacidade para manter en contacto un grupo numeroso de persoas é a primeira característica da cal podemos aproveitarnos. As redes sociais permiten unha xestión moi eficiente cando hai implicado un gran número de alumnos e profesores. É máis, canto maior sexa o número de membros dunha rede social, maior será a súa produtividade.

As redes sociais teñen o innegable valor de achegar a aprendizaxe informal e o formal. Xa que permiten ao alumno expresarse en por si, establecer relacións con outros, así como atender ás esixencias propias da súa educación.

Os buscadores das redes permiten localizar unha persoa ou un colectivo en escasos segundos, igualmente os grupos internos da rede poden agrupar a toda unha clase nun único espazo. A comunicación directa co alumno transfórmase en algo moi sinxelo, ben de forma pública a través do seu "muro" (mensaxes que podemos deixar na súa páxina persoal), mediante mensaxes privadas de correo electrónico interno ou mediante mensaxes enviadas a todos os membros dun grupo. O mesmo aplícase aos alumnos, xa que poden contactar con calquera dos seus profesores e compañeiros de forma directa. Así pois, a rede social ten un efecto directo na mellora da comunicación persoal alumno-profesor.

Comentarios