A Formación nas TIC do profesorado, unha materia pendente?

Segundo o Estudo Internacional sobre o Ensino e a Aprendizaxe (Informe TALIS) 2009, que examina aspectos importantes do ensino e a aprendizaxe a través de enquisas aos profesores e directores de educación secundaria obrigatoria, practicamente o 100% do profesorado declara participar en actividades de formación nos últimos 18 meses, cunha dedicación estimada de 25 días. Entre a formación máis demandada atópase a utilización didáctica das tecnoloxías da información e a comunicación. Isto podería considerarse suficiente, pero o 60% desexase participar en máis actividades de formación.

Así mesmo existen determinadas compensacións para os docentes que decidan continuar formándose como por exemplo unha redución horaria para asistiren ás actividades formativas.

É evidente que os profesores deben estar en continua formación, pero existen dúas causas que fan que a súa inmersión no proceso de asimilación das TIC non sexa adecuado:

  • Hai moito que aprender; é dicir, que teñen unha cualificación TIC pedagóxica baixa e estanse adentrando nun terreo que descoñecen.
  • A formación que reciben non é de suficiente calidade, o que deriva nunha necesidade de cubrir por cantidade as carencias dos docentes. Desta última, tamén podemos extraer unha variante, é que tal vez non os forman para o que necesitan.

Existen un amplo abano de ofertas formativas para os profesionais da educación como son as propostas por:

  • Os Centros de Formación.
  • As Consellerías os Plans de Formación.
  • Os Sindicatos.
  • O Ministerio de Educación a través da ITE.

No referete a modalidade podemos atopar nos ofertas formativas de carácter presencial e non presencial.

                             profesorado tic

Se a oferta é bastante abundante, por que a miña experiencia como alumna me di que existe un amplo número de docentes que carecen de moitas competencias básicas no uso das TIC?

Tal vez pode ser porque existe unha excesiva diversidade, é dicir, que os "cursos" ofertados para formar aos mestres presentan unha gran variedade temática, presumindo dunha finalidade innovadora, pero creando "especialistas" (no caso de que a actividade formadora sexa exitosa) en diferentes campos, sen que poidan aplicar adecuadamente o aprendido, nin poñelo en común cos seus compañeiros, a causa de non existir unha homoxeinización entre os membros dos diferentes centros. Con isto, quero dicir que debería homoxeneizarse, en certa medida, as aprendizaxes; trazando e diferenciando niveis segundo as competencias adquiridas.

Así mesmo, considero que non só fai falla unha función tecnolóxica, senon tamén pedagóxica. Opino que as estratexias TIC na aula son tan fundamentais como dominar o uso das novas tecnoloxías.

O sistema educativo foi un sector que quedou estancado vendo avanzar o cambio social ante os seus ollos, polo que se pretendemos incluír as TIC dentro da actividade formativa, debemos comezar por conseguir que os eslavóns, conformadores do mesmo, asimilen que os cambios que se produciron son significativos e que afectan aos diferentes ámbitos da vida, os cales precisan que as súas necesidades sexan atendidas.