Retos da nova sociedade da información

As causas das transformacións da sociedade foron diversas e todas teñen consecuencias sobre os nosos sistemas de educación e formación. A evolución demográfica aumentou a lonxevidade, á vez que modificou a pirámide de idades, o que desembocou na necesidade de formación ao longo de toda a vida. O considerable aumento do número de mulleres que exercen un traballo modificou o lugar tradicional. As innovacións tecnolóxicas multiplicáronse en todas as esferas e deron lugar a novas necesidades de coñecementos. Os modos de consumo evolucionaron, así como os estilos de vida. Así mesmo, produciuse unha toma de conciencia sobre os problemas ambientais e o emprego de recursos naturais que transforma  á vez os nosos sistemas de educación e formación e as nosas actividades industriais.

A nova sociedade da información atópase con novos retos aos que debe facer fronte. Cada un deles presenta unhas características diferentes que fan que cada un se teña que abordar dende diferentes ópticas ou perspectivas. Os constantes cambios, non só no entorno social, senon tamén no mundo laboral, do coñecemento, etc..., fixeron que as novas circunstacias que estamos a vivir supuxeran un choque con respecto ao que se estaba acostumado a presenciar. De seguido, sinalo tres das novas caracerísticas, así como os retos aos que hai que facer fronte e que xurdiron derivadas das mesmas:

  • O choque da Sociedade da Información: Coa difusión das tecnoloxías da información e a aparición da nova sociedade os traballos tenden a ser cada vez tarefas máis intelixentes que, rompendo coa concepción anterior, requiren iniciativa e adaptación. A pesares disto, moitos autores caben en facer fincapé no dobre sentido das TIC posto que, se dubida se o contido educativo das novas técnicas de coñecementos camiña en dirección ao enriquecemento ou, pola contra, cara o empobrecemento cultural. Témese que a calidade do mundo dos multimedia, e en particular dos programas educativos, conduza a unha cultura “de pouca calidade” na que o individuo perda todos os seus referentes históricos, xeográficos e culturais.
  • O choque da globalización: A globalización da economía pode entenderse como unha libre circulación de capitais, bens e servizos. A elección da apertura, que busca desenvolver a competitividade xeral das nosas economías, aumenta o benestar xeral ao facer máis eficaz a asignación mundial de recursos. A pesares disto, seguen existindo antigos problemas de axuste en todos os países, que no caso de non seren resoltos, pode producirse unha fractura social, con graves consecuencias.
  • O choque da civilización científica e técnica: acelerouse o desenvolvemento de coñecementos científicos e a produción de obxectos técnicos, así como a súa difusión. Aparece un novo modelo de produción de coñecementos teóricos e prácticos que combina especialización extrema e creatividade. A pesares disto, a opinión pública percibe a miúdo a ciencia e o progreso tecnolóxico como unha ameaza.

 

Hei de dicir que as repostas a estes tres choques son, múltiples, pero na maioría dos casos, requiren adaptacións profundas da sociedade. Este fíxeno porque me plantexaba moitas preguntas como as seguintes.

  • Estamos escollendo o camiño adecuado? Considero que tanto a resposta afirmativa como a negativa son correctas. Salta a vista que as novas tecnoloxías son o futuro, posto que nos facilitan o acceso a información e contribúen a mellorar o noso día a día. Poren non debemos esquecernos que tal vez esteamos abusando no seu uso e difusión.
  • Pode ser que as novas tecnoloxías sexan responsables do consumismo do que actualmente somos vítimas? Considero que teñen parte de culpa, posto que os cambios continuos e rápidos que vemos constantemente e que, rapidamente, se converten en ferramentas ou recursos indispensables, por un motivo ou outro, fan que a nosa necesidade de consumir para non quedarnos obsoletos non deixe de medrar.

Así mesmo, a cuestión que resume isto mellor o anterior é, se a sociedade todavía non está preparada para asumir estes cambios, por que seguimos avanzando sen preparar aos destinatarios de ditas innovacións?