Vantaxes das TIC en Educación

Podemos asociar grandes vantaxes ao uso das novas tecnoloxías aplicadas á aprendizaxe. Ao utilizar as novas tecnoloxías, aplicándoas á aprendizaxe, os instrutores poden crear materiais adecuados aos seus obxectivos de ensino. Algúns usos das novas tecnoloxías para o ensino, son:

  • Axuda a organizar e prover estruturas para o material de ensino utilizado polo profesor.
  • Axuda ao estudante, profesores e pais a interactuar, en calquera lugar e en calquera tempo, a seguir o progreso da aprendizaxe.
  • Por medio de Internet o profesor, estudante ou pai, pode buscar materiais dispoñibles na web que sexan útiles para o ensino-aprendizaxe.
  • Pódense realizar modelos de simuladores para materias como física, química, bioloxía e enxeñaría para interactuar con eles.
  • Axuda a aprender historia, xa que o alumno pode controlar o pasado e o futuro coa axuda de ligazóns nos programas deseñados para iso.
  • É unha ferramenta para os alumnos con lenta aprendizaxe, xa que lles prové de control do seu propio proceso.

 

Fontes:

http://ordenadoresenelaula.blogspot.com.es/

http://portal.educ.ar/debates/educacionytic/formacion-docente/nuevas-tecnologias-y-aprendizaje.php

Comentarios

  • Irene López Crespo

    A pesares de todo isto, seguen existindo moitos sectores que non cren que a dixitalización deba ser levada ás aulas. Este pensamento choca co cambio que está a sufrir o noso entorno, así como coas demandas que o mundo laboral ten no referente a este ámbito de actuación. 

    A TIC están inmersas no noso día a día, polo que as aulas non deben quedar atrás. Ao longo da historia, un cambio social levaba implicito un cambio no modelo educativo, o que garantía unha rápida adaptación, así como unha evolución e un cambio, a un ritmo constante. Que actualmente non se producise unha revolución notoria en educación é preocupante, xa que non se están adaptando a formación das novas xeracións as actuais necesidades. 

    Ata que punto debería preocuparnos isto? Eu considero que, como futuros pedagogos, deberíamos preocuparnos moito, posto que a formación tecnolóxica que os nenos están recibindo no entorno escolar é insuficiente, xa que non só non os están instruíndo para responder ás necesidades e demandas sociais do noso tempo, senon que tampouco os están preparando para as futuras innovación que a sociedade presentará e que terminará convertendo en imprescindibles, como leva pasando dende hai anos.