Educación tradicional e educación tecnolóxica

Durante o século XX, a causa das experiencias adquiridas ao longo do tempo, das necesidades adquiridas pola sociedade e os constantes cambios aos que nos enfrontamos, así como as novas correntes de pensamento, a pedagoxía como ciencia  evolucionou, procurando sempre que, responder ás necesidades do que aprende, sexa a meta primordial do sistema educativo. Isto fixo que este se modificase, adoptando un novo modelo de ensino, o cal depende dos factores esóxenos, é dicir, do contexto.  

Estes modelos teñen unha serie de elementos en común, cuxa síntese deu como resultado o que se chamou “Educación contemporánea”. Isto non quere dicir que os estilos de ensino que actualmente se aprecian sexan puros, senón que conviven uns con outros nunha realidade, que a pesar da técnica é aínda moi parecida á da educación tradicional.

A “educación contemporánea” respecta a tradicional, xa que no fondo convive con ela. Máis ben procura unha declaración de intencións, entendendo que a cultura é un ben que camiña lentamente. Grandes son os progresos que se efectuaron, debido principalmente ás novas tecnoloxías, ás formas de presentación dos contidos e sobre todo á diferente dinámica que se produce nas aulas entre profesores e alumnos e alumnos entre si.

A escola, tal e como a coñecemos hoxe, ten unha historia moi curta. Desde mediados do século XX, intégrase nela a corrente chamada “tecnolóxica”. A corrente tecnolóxica ten o seu sustento en determinadas bases psicolóxicas, e en función delas aplícase un ou outro desenvolvemento metodolóxico. No entanto, as novas tecnoloxías, de imparable e vertixinoso avance, teñen unha importancia decisiva nos criterios que se adoptan.

As diferenzas fundamentais entre a educación tradicional e o que pretende a educación contemporánea son as que se expoñen na seguite táboa:

  Táboa comparativa entre as principais características da escola tradicional e a tecnolóxica

Logo disto, e antes de expoñer os principios da educación contemporánea, debemos facer fincapé na idea de que este novo modelo refírese tanto á tradición como a elementos integrados na historia da educación nos últimos tempos. Os principios son, segundo o dicionario da Real Academia Española, calquera das primeiras proposicións ou verdades fundamentais por onde se empezan a estudar as ciencias ou as artes. Neste caso concreto, son a referencia necesaria para comprender as bases que propón a nova metodoloxía didáctica. Desta volta só destacarei un principio que me parece interesante

  • Principio de individualización, pola cal a educación actual ten en conta a cada individuo como acode con características diferentes aos demais. Todos somos diferentes, no físico e no psíquico, e por tanto a nosa forma de aprender ten formas distintas de realizarse. Desde este punto de vista o ensino, sobre todo a didáctica, debe estruturarse en función das características individuais de cada alumno, tendo en conta os intereses e motivacións persoais, os procesos individuais de aprendizaxe e o seguimento continuo e individualizado de cada alumno.

Así mesmo non debemos deixarnos atrás outros principios como:

  • Supremacía da educación sobre a instrución.
  • Atención crecente aos intereses do alumno.
  • Unha disciplina baseada na colaboración entre alumnos e profesores, procurando as responsabilidades individuais e sociais.
  • Substituír competitividade por cooperación.
  • Coeducación, na que cada sexo exerza sobre o outro unha influencia saudable.
  • Educación que prepare ao individuo para ser non soamente cidadán capaz de cumprir cos seus deberes senón tamén ser humano consciente da súa dignidade de persoa. 

Fontes:

http://www.uhu.es/cine.educacion/didactica/0011educpermanente.htm#Bases_pedagógicas_de_la_educación_contemporánea_

http://paradigmaperfildocentesigloxxi.lacoctelera.net/post/2008/04/24/innovacion-tecnologica-el-proceso-aprendizaje

http://webcasus.usal.es/edenred/documentos/Quintina_Martin_Moreno.pdf

Comentarios

  • Irene López Crespo

    Quixera facer fincapé no principio de individualización do modelo tecnolóxico, xa que me pareceu moi interesante e moi bo para todos e cada un dos alumnos. Unha atención máis individualizada e centrado nas características específicas de cada individio contribuiría en gran medida a reduciro fracaso escolar, así como a mellorar a os resultados académicos dos rapaces.

    Por outra banda, dicir que a tendencia a individualización, choca de bruces coa idea da aprendizaxe colaborativa, da que se fala ultimamente, e máis co avance das TIC. 

    Recordemos que a a excesiva indivualización é un das grandes eivas á que nos enfrontamos coas novas tecnoloxías, polo que hai que controlar ata onde se extende este principio, posto que unha tendencia excesiva podería chegar a inflixir un dano máis grande que o propio beneficio.