• Blogs
  • Irene López Crespo
  • As TIC/TAC: das tecnoloxías da información e comunicación ás tecnoloxías da aprendizaxe e do...

As TIC/TAC: das tecnoloxías da información e comunicación ás tecnoloxías da aprendizaxe e do coñecemento

Ata agora, cando falabamos da competencia informática ou dixital, referiámonos a tecnoloxías da información e comunicación (TIC), e todo o interese centrábase en dotar aos estudantes e aos profesores de formación para dominar estas tecnoloxías. Moita tecnoloxía, pero no fondo moi pouca metodoloxía.

É na contorna educativa onde aparece o concepto TAC (tecnoloxías da aprendizaxe e do coñecemento). As TAC tratan de orientar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) cara a uns usos máis formativos, tanto para o estudante como para o profesor, co obxectivo de aprender máis e mellor. Trátase de incidir especialmente na metodoloxía, nos usos da tecnoloxía e non unicamente en asegurar o dominio dunha serie de ferramentas informáticas. Trátase en definitiva de coñecer e de explorar os posibles usos didácticos que o TIC teñen para a aprendizaxe e a docencia. É dicir, as TAC van máis aló de aprender, meramente, a usar o TIC e apostan por explorar estas ferramentas tecnolóxicas ao servizo da aprendizaxe e da adquisición de coñecemento.

A necesidade de dotar aos usuarios de coñecementos tecnolóxicos puramente informáticos está a desprazarse para dar moita máis importancia á vertente metodolóxica, é dicir, en pór o acento nos seus usos e en saber que se pode facer con tanta tecnoloxía polo medio. Implica coñecer a tecnoloxía pero ademais sabela seleccionar e utilizar adecuadamente para a adquisición de coñecementos e en función das diferentes necesidades e perfís.

O tema sobre as TIC/TAC está a crear debate actualmente no ámbito educativo. Os detractores do termo TIC aseguran que o modelo TIC é excesivamente informático, instrumentalista e pouco motivador para aquilo que os profesores necesitan, e que poden aprender a utilizar. Expoñen un cambio desde o “aprendizaxe da tecnoloxía” polo “aprendizaxe coa tecnoloxía” (enfoque orientado ao desenvolvemento de competencias metodolóxicas fundamentais). Nalgunhas contornas educativas empézase a falar xa do área TIC/TAC para referirse á interrelación entre as funcións informática e pedagóxica.

O debate TIC/TAC da contorna educativa ten moita importancia para o ámbito, posto que se introduciron novas funcións e servizos moito máis vinculados coa aprendizaxe permanente, co aprender a aprender, que co simple acceso á información. O obxectivo común é facilitar ao cidadán unhas competencias básicas que lle permitan ser autónomo informacionalmente.

 

Fontes:

http://www.thinkepi.net/las-tic-tac-de-las-tecnologias-de-la-informacion-y-comunicacion-a-las-tecnologias-del-aprendizaje-y-del-conocimiento

http://blogs.kalipedia.com/formacion-docente-y-tecnologia-educativa/posts

http://tecnofilos.aprenderapensar.net/tag/tecnologias-del-aprendizaje-y-el-conocimiento/

Comentarios

  • Irene López Crespo

    En relación co tema Educación en valores a través das TIC, paréceme un debate moi interesante, posto que, segundo creo, a través da mera transmisión sobre o emprego das TIC só podemos transmitir unha alfabetización dixital instrumentalista e mecánica, que non ten outra implicación que non sexa a de reducir a fenda dixital, sen que o coñecemento aportado deixe ningunha pegada no terreo do aprender a ser.

    Como xa dixen en blogs anteriores a educación no ámbito das novas tecnoloxías da información carece de carácter pedagóxico, facendo que a formación que os docentes reciben sexa caótica e o máis importante que carezan de recursos para transmitila aos seus alumnos.

    Por todo isto, espero que teñamos máis información sobre o debate TIC/TAC, máis tarde que cedo, o cal é promovido, especialmente, no ámbito educativo polo colectivo de pedagogos, e agardo a que estas non queden nun mero debate por un cambio nos conceptos, senón que implique un cambio profundo na forma de expoñer a relación “usuarios-servizos-tecnoloxía” que pode levar outros moitos cambios no protagonismo tecnolóxico.