• Blogs
  • Silvia
  • Formación e desenvolvemento profesional do profesorado. Día 1.

Formación e desenvolvemento profesional do profesorado. Día 1.

.

Cando rematamos a experiencia do e-portafolio coa materia de Tecnoloxía Educativa, todos dixemos un ata pronto e non un adiós, pois é e será , un instrumento que nos sirve para enriquecer os nosos coñecementos dunha maneira innovadora.

Esta vez, non será un reto pola novidade que nos supoñía, senón polo perfeccionamento do noso traballo en el. Xa sabemos como funciona, todos os seus elementos e como empregalos, asique o noso fin será construír os nosos coñecementos da mellor maneira posible para o noso enriquecemento persoal, e tamén o dos meus compañeiros/as.

En esta ocasión, a materia non se centrará no ámbito das TICs, senón na formación profesional do profesorado, aínda que de algún xeito tamén teñan relación entre elas.

Resulta evidente, que dende fai un par de décadas, a formación docente inicial e o desenvolvemento profesional continua, son elementos centrais dos diagnósticos educativos, sendo un foco de intervención das políticas educativas de reforma e das estratexias destinadas á elevación da calidade. Son varios os estudos que sinalan o factor docente como un elemento clave da transformación educativa ( Aguerrondo , 2004 ; Fullan, 2002 ; Vaillant 2005 ).

Precisamente un de eses autores, concretamente Michael Fullan ( 2002, 122) sinalou que : " a educación do profesorado ten o honor de ser ao mesmo tempo, o peor problema e a mellor solución da educación."

Será pois, neste ámbito no que centraremos a nosa aprendizaxe con este e-portafolio, co fin de poder melloralo cada día e facelo moito mellor para aprendizaxe de todos, e en particular a miña propia.

Por último, benvidos todos outra vez.

Comentarios

  • Lourdes Montero

    Ola Silvia, a frase de Michael Fullan é: A formación do profesorado ten a honra de ser, ao mesmo tempo, o maior problema (non o peor) e a mellor solución en educación. A alguén mais teño correxido. Non sei de onde a tomaríais, en clase a vimos en castelán e no artigo de Montero (2007), na Revista EDUGA, a frase está en galego.

    Sinto darme conta agora no teu caso

    Animo

    Saudos

    Lourdes