Retomando o contacto con Stellae

Por Cristina

Comezamos novo curso escolar, o curso 2012/2013, curso no que espero rematar a miña carreira de Pedagoxía. Para chegar a esta meta debo comezar a facer fronte a novas materias entre as que se atopa a materia "formación e desenvolvemento profesional do profesorado". Para levar a cabo gran parte do traballo desta materia traballarei na rede Stellae de novo, subirei a esta rede diferentes documentos e entradas no blog relacionadas coa materia e principalmente con aqueles temas que desperten máis interese en min.

Botando unha ollada a asignatura en sí, vexoa como unha asignatura moi interesante e necesaria, xa que creo que como futuros profesionais da educación e esencial que cursemos unha materia na que profundicemos sobre a formación coa que deben contar aqueles profesionais que se adiquen a ensinanza na nosa sociedade.

Aproveito esta entrada o blog, para convidarvos a todos a que sempre que o desexedes comentedes os meus documentos, podendo crear núcleos de discursión e asi lograr un bo traballo entre todos e poder enfocar diferentes puntos de vista sobre un mesmo tema.

Cristina Guimarey Nande

18/09/2012