Resiliencia.

Resulta evidente que cando asistimos a unha clase expositiva, son moitos os coñecementos tratados, pero na nosa mente sempre hai uns que sobresaen sobre os outros. Isto mesmo foi o que me sucedeu a min no dia de onte, pois falamos de varios autores e de varios conceptos, entre o que me chamou especialmente a atención o de " resiliencia ", posto que nunca escoitara falar del.

Coñécese a resiliencia como a capacidade das persoas para afrontar a adversidade e lograr adaptarse ben ante as traxedias, os traumas, as ameazas e o estrés severo.

Según Teitelman e Arazi, os tres pilares que sosteñen a capacidade da resiliencia son :

a) A capacidade de xogo : non tomar as cousas a peito e empregar o sentido do humor é esencial para a nosa vida. A creatividade, a multiplicación dos intereses persoais, os xogos de imaxinación, etc...

b) A capacidade de encarar as situacións con un sentimento de esperanza : é fundamental ter alguén en quen depositar o noso afecto, a admiración, que nos sirva como guía e como estímulo.

c) O auto-sostén : podemolo resumir como unha mensaxe que a persoa elabora para sí mesma, por exemplo : " eu sei que esto vai pasar pronto" , " confio en min " , . . .

Resultoume moi chamativo a cantidade de páxinas que teñen como contido único este concepto, e mesmo que existe o Instituto Nacional de Resiliencia, formado por un conxunto de científicos e profesionais co obxetivo de crear técnicas para que as persoas poidamos desenvolver esa capacidade. ( http://www.resiliencia-ier.es/ )

http://www.portalplanetasedna.com.ar/resiliencia.htm