Primeiras reflexions sobre a formación e o desevolvemento profesional do profesorado.

Como concluimos os alumnos de Tecnoloxía Educativa o ano pasado,  a nosa andaina polo mundo das TICs e o Grupo Stellae non  remataba co fin do curso pasado, se non que aínda nos quedaba un longo camiño que percorrer neste ámbito.

E tras esa toma de contacto, retomamos o mando dos nosos blogs para expoñer o resto de usuarios desta rede as nosas reflexións, inquedanzas e conclusións.

A idea segue sendo a de aprendizaxe autónomo, onde nós somos o centro do coñecemento mediante unha actitude activa e dinámica de cara a materia.

 

Para comezar esta nova etapa como continuación da materia Tecnoloxía Educativa, gustaríame facer unhas reflexións sobre o que creo que teñen en común  estes dous ámbitos diferentes e, o mesmo tempo,  moi ligados.

 

Comezaremos desenredando o nudo pola formación continua do profesorado.

A calidade de capacitación dun docente, require adaptarse e reeducarse nos cambios constantes que se producen na nosa sociedade. Estes, o mesmo tempo, pretenden formar os seus alumnos para integrarse no mundo social e laboral onde cobra moita importancia o papel das TICs.

Como vimos o ano pasado, na rede encontramos multitude de materiais didácticos cos que alumnos e profesores poden traballar. Desde unidades didácticas como Hellow Dolly trata un tema histórico no que se da un debate ético a expor polos alumnos, pasando por programas que  traballan as matemáticas ou a física como Sqeak Etoys ou a corrente Edupunk “ do it yourself”.

De ahí ven a necesidade dunha formación continua dos docentes coa finalidade de ofertar unha educación de calidade e actualizada os seus alumnos, o cal se liga directamente a formación continua do profesorado.