Dando a benvida a unha nova materia: Formación e desenvolvemento profesional do profesorado.

image

Neste novo curso vamos a volver a vivir a experiencia de traballar coa rede stellae na materia de Formación e desenvolvemento profesional do profesorado. Outra vez vamos a poñer en práctica unha nova forma de aprendizaxe a través da rede, que desde o meu punto de vista e a miña experiencia anterior é positiva.

Nesta nova andadura vamos a tratar temas diferentes, xa non nos vamos centras nas TICs senón que vamos a tratar, como ben di o título da materia, a formación do profesorado. Si cabe destacar que, anteriormente, na materia Tecnoloxía educativa xa tratáramos algo da formación do profesorado, pero máis centrado no uso das tecnoloxía da información e da comunicación.

Podo dicir, polo pouca materia que estivemos dando, que esta materia preséntase bastante interesante, e espero que ao final do cuadrimestre teña afianzado os conceptos máis importantes e adquira unha aprendizaxe rica sobre a formación do profesorado.