Marta Vázquez Torre

A nivel profesional considérome unha persoa traballadora, tenaz e entusiasta, este último adxectivo esixe o requisito de que se brinden as circunstancias necesarias para espertar o meu interese e motivación.

Familiarizándose coa rede social

   Son as primeiras andanzas por estas terras. Teño lido algo sobre o tema do portafolios, as súas posibilidades e usos por parte dalgúns docentes, pero nunca se chega a coñecer algo o suficiente ata que non se experimenta.     De modo que ando a familiarizarme coa ferramenta, tratando de coñecer, de momento, moi superficialmente, as súas posibilidades, posibilidades que se irán enriquecendo cos pasos dos días, co acadamento de novos coñecementos acerca do seu uso e co enriquecemento que suporá dotala de sentido cos contidos da materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores.

Espero que dentro de pouco poida compartir as primeiras aportacións acerca do tema que traemos entre mans. Ata ese momento seguirei indagando, cuestionando, reflexionando e descubrindo un novo mundo.