Introducíndome na materia

 Creo que o máis convinte á hora de elaborar este portafolios da materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado é comezar por definir que é formación do profesorado. Segundo a wikipedia, estes dous termos en conxunto refírense ás políticas e procedementos deseñados para dotar aos futuros profesores/as cos coñecementos, as actitudes, os comportamentos e as habilidades que necesitan para realizar as súas tarefas de maneira efectiva na aula, a escola e a comunidade en xeral. Cabe dicir que, a formación do profesorado en moitas ocasións divídese nas seguintes etapas:

  • Inicia do profesorado de formación: un curso de pre-servizo antes de entrar ás clases como profesor/a plenamente responsable.

  • Inducción: o proceso de capacitación e apoio durante os primeiros anos da ensinanza ou o primeiro ano nunha escola en particular.

  • Mestre/a de desenvolvemento ou desenvolvemento profesional continuo (DPC): un proceso en servizo para os docentes en exercicio.

 

Neste portafolios, ao igual co que aconteceu no anterior de Tecnoloxía Educativa, darei a miña opinión de cada un dos temas a tratar. Considero esta materia moi importante xa que a translado á miña experiencia persoal. Moitas persoas cando se fala de formación do profesorado pensan tan só nos contidos teóricos que poidan saber esa persoa ou nos cursos que puidese realizar. Non se dan conta que a formación vai máis alá que duns contidos teóricos, para que se entenda: “senón fose por un profesor, quizais eu hoxe non estaría estudando na universidade”. Cando digo isto non quero dicir que ese profesor era un erudito na súa materia, que o era, senón que el foi capaz de motivarme nos estudos porque a súa formación non se limitaba nin se limita aos puros coñecementos técnicos. Para min, formación tamén é saber transmitir os coñecementos, saber motivar ao alumnado, coñecer as distintas problemáticas de cada un dos alumnos/a e intentar solventalas e por suposto, colaborar cos seus compañeiros/as de traballo e ser capaces de traballar en conxunto.

 

image