Lee Shulman / Marea Verde

Por Melisa

 Aínda que non fai moito que comezamos esta nova andaina, xa saíron “á palestra” moitos conceptos e persoas importantes na materia.

 

imageUn dos primeiros en saír foi Lee Shulman que, segundo a wikipedia, é un psicólogo educativo que ten feito contribucións natables para o estudo da formación do profesorado, avaliación de ensino e de educación nas áreas de medicina, ciencia e matemáticas.

Shulman creou o programa de estudos para os profesores/as en todos os niveis. Defende a análise crítica do profesorado sobre a súa práctica na aula. Foi presidente da Fundación Carnegie para o Avance do Ensino.

 

Outro dos termos que tamén saíron foi Marea Verde. Consultando diversas fontes, a definición que máis correcta me pareceu foi a da wikipedia. Denomínase Marea Verde ao conxunto de protestas contra os rescortes na educación non universitaria que comezaron a producirse en España, principalmente na Comunidade de Madrid, ao principio do curso escolar 2011/2012. O desencadeante do conflito foi a publicación o 4 de xullo do 2011 das instruccións do principio do curso escolar 2011/2012 que supoñía o feito da non renovación de máis de 3000 profesores/as interinos debido ao aumento do horario lectivo do resto do profesorado . O nome otorgado a este movemento fai referencia á cor das camisetas vestidas polos manifestantes.

 Considero, en canto ao movemento de Marea Verde, que teñen razóns para protestar xa que, debido a esas políticas de recortes, están a menosprezar un dos aspectos fundamentais do noso avance e benestar, a educación. Penso que aumentarlles as horas de traballo ao profesorado non fai máis que deteriorar a calidade da ensinanza. Incrementará o estrés deses profesores/as polo que cada vez será máis difícil que presten atención a aspectos non curriculares, dedicaranse a impartir a materia sen ter en conta as dificultades que poda existir na aula. Por suposto, reduciranse en grande medida posibles actividades alternativas que puidesen complementar a explicación do profesor/a: saídas, excursións, exploracións, etc. O ano pasado estiven facendo as prácticas no colexio e puiden comprobar a reduccións destas actividades e a eliminación de moitos festexos como o entroido, o magosto, o samaín, etc. 

 

REFERENCIAS: