• Blogs
  • -------
  • Comezo dunha nova etapa: Reflexión sobre as novas tecnoloxías e a formación do profesorado.

Comezo dunha nova etapa: Reflexión sobre as novas tecnoloxías e a formación do profesorado.

Un novo curso comeza e con el, unha nova materia que nos vai permitir seguir profundizando e investigando sobre multitude de temáticas relacionadas ca formación e desenvolvemento profesional do profesorado.

Cabe destacar que esta materia, como xa sucedeu o ano anterior ca materia de Tecnoloxía Educativa, utiliza a Rede Social do Grupo de Investigación Stellae. Isto nos vai permitir continuar cunha plataforma moi interesante xa que propicia que o alumnado se involucre na materia e non busque superala dun xeito superficial.

Neste punto poderíamos facer unha reflexión sobre a relación que poden ter as novas tecnoloxías e a formación do profesorado xa que o ano anterior  foi unha temática moi tratada.

Como vimos o ano pasado na materia de Tecnoloxía Educativa o papel das TICs na sociedade actual é fundamental, e polo tanto tamén o é no mundo educativo. Debido a que as novas tecnoloxías sobren unha evolución constante e a gran velocidade, os docentes teñen a responsabilidade de evolucionar e seguir formándose tanto noutros aspectos coma neste de xeito particular. O problema atópase en que moitos destes profesionais son teimosos a cambiar os seus métodos e a súa visión docente e seguen atrapados no pasado. A consecuencia disto, é que o espazo entre o profesor e o alumno faise máis amplo xa que o profesor non evoluciona o ritmo que evolucionan o alumnos que vai tendo en función da sociedade na que se está a vivir.

Polo tanto e despois da anterior reflexión queda claro que é fundamental que os profesionais do mundo educativo, aínda que tamén podería englobar outros ámbitos, deben seguir formándose o longo da súa carreira profesional e adaptándose os acontecementos que van sucedendo xa que as sociedades cambian e polo tanto eles tamén deben cambiar.

A partir da seguinte reflexión como introdución a materia seguirei desenvolvendo o portafolios e tratando aquelas temáticas que considere oportunas facendo as miñas investigacións particulares.