PRESENTACIÓN (1ª SESIÓN). “LEARNING BY DOING”

 

O día 12 de setembro tivemos o primeiro contacto, o primeiro achegamento con esta nova materia de “Asesoramento Curricular”. Asimesmo, polo menos no meu caso, foi o primeiro contacto coa profesora Lourdes Montero. Como dixen na miña primeira entrada, unha nova experiencia, un novo reto, unha nova aventura...

Trala presentación da profesora, tivemos que facer un cartel co noso nome. Asimesmo, cada un de nós presentouse e dixo un adxectivo que, según cadaquen, máis o definía. 

image


Isto podemos entendelo como unha mostra de interese de cara aos alumnos, pode que nos faga sentir (polo menos a min) como algo máis que un número desa inmensa lista de alumnos que circula a diario para anotar a asistencia, ou como unha simple identificación de autoría dun exame inmiscuido nese inmenso montón deles por corrixir. Pode que o feito de querer coñecer o nome dos alumnos e o interese por saber algo máis deles, sexa incluso algo que podería elevar a categoría de “pedagóxico”, xa que demostra interese cara eles, e iso paréceme importante nunha primeira toma de contacto con eles. Non obstante, temos a cara oposta da moeda e pode que isto non sexa máis que un “ritual de comezo” que non se corresponda con nada do apuntado anteriormente. Temos un cuadrimestre por diante que dará razóns a unha ou outra interpretación.
nós presentouse e dixo un adxectivo que, según cadaquen, máis o definía.
Isto pode entenderse como unha nimiedade, como unha forma máis de dar comezo a algo novo, e pode que incluso como unha perda de tempo. Porén, pode interpretarse como un

Tras isto, comezou a presentación da materia en si desmenuzando o programa proposto: obxectivos, contidos, metodoloxía...

Apuntei nas miñas notas de campo, unha cuestión que xurdiu ao fío da explicación do programa: ¿é o mesmo obxectivo e competencia?, ¿en que se diferencian?. Segundo o falado, poderiamos dicir que un obxectivo marca unha meta para o noso desenvolvemento  e a competencia implica ese desenvolvemento. As competencias están tinguidas de coñecementos, habilidades, actitudes… que se activan ante cousas novas. Axúdannos a tomar decisións e sempre se observan, esixen indicios. As competencias actívanse en contextos determinados e son estes retos (contextos) os que nos fan medrar. Son moi difíciles de avaliar.

Outra cuestión que xurdiu e que é ineludible nunha materia como “Asesoramento curricular” é a de ¿Qué é ser asesor? Penso que este é un punto de partida para construír novas aprendizaxes neste ámbito. Para comezar, podemos dicir que o asesor é un profesional traballado con outros profesionais. Teñamos presente a seguinte idea: “A orientación atravesada polo asesoramento”.

E finalmente, no que respecta á metodoloxía, podemos sintetizala nunha idea:image

“Learning by doing”.

Consideramos a actividade como núcleo da aprendizaxe.