asesorar VS orientar

Por EU

           Está claro que "asesorar" non é o mesmo que "orientar". No que respecta ao ámbito educativo, hai que recordar que a Orientación Escolar ocupouse tradicionalmente de asuntos académicos e vocacionais. Terapia e diagnóstico foron as consignas coas que estaban forxada a Orientación.

           A Orientación, nos últimos anos, non saltou a barreira de traballar só co alumnado, e chegou tamén á atención de grupos primarios como a familia ou o contexto comunitario. Está claro que a Orientación escolar é unha práctica específica da que se ocupan profesionais como os pedagogos, nós (futuros psicopedagogos) e asistentes sociais, que con frecuencian traballan en equipo, diagnostican e propoñen tratamentos, (aínda que soe a terminoloxía médica) para os estudantes con problemas académicos.

          A diferenza principal entre "asesoramento" e "Orientación Escolar" radica en que na "orientación" tratase directamente cos estudantes e non cos profesores, que quedan relegados a un segundo plano. Pola contra no "asesoramento" é un servizo máis indirecto, no sentido que a relación se produce cos profesores ou outros membros da comunidade educativa e non cos propios alumnos/ás.

"o traballo do orientador/a implica o de asesorar".