• Blogs
  • Leti
  • Primeira toma de contacto co asesoramento

Primeira toma de contacto co asesoramento

Por Leti

Esta é a miña primeira toma de contacto co blog da Rede Social do Grupo de Investigación Stellae, e aprobeitoo para facer a tarefa encomendada na clase de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores. Dita tarefa consiste, como xa todos sabemos, en analizar en qué materias temos traballado a temática do asesoramento pero, de boas a primeiras, ¿sabemos o que significa este termo? Se o buscamos no Dicionario da Real Academia Española aparécenos definido como acción y efecto de asesorar o asesorarse, definición que a verdade non axuda moito co cal é necesario recorrer a diversos autores para profundizar máis no tema. Seguindo por exemplo a Lippit e Lippit (1986), o asesoramento é unha interacción en dous sentidos, un proceso de buscar, dar e recibir-axudar. O asesoramento diríxese a axudar a unha persoa, un grupo, unha organización ou un sistema máis grande para mobilizar os recursos internos e externos co obxecto de resolver as confrontacións con problemas e ocuparse de esforzos de cambio.

Comezando coa tarefa, dicir que o asesoramento foi tratado ao longo do cuarto curso de Psicopedagoxía de xeito globalizado en Intervención Psicopedagóxica nos Trastornos do Desenvolmento e en Diagnóstico en Educación, pero en ambas se centraba máis na elaboración dun informe psicopedagóxico e na intervención directa sobre o neno e/ou as familias en casos concretos coas orientacións oportunas.

Pola contra, na materia Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica tratamos o asesoramento de xeito máis detallado tanto cos profesores Juan Carlos Pardo e Alfonso Tobío no primeiro cuadrimestre como con María Xosé Méndez no segundo cuadrimestre; profundizando así en diversos aspectos que engloba esta temática como por exemplo os diversos ámbitos de traballo dun asesor, qué axentes realizan asesoramento, as diferenzas entre asesor e orientador, etc. Deste xeito, con estes tres mestres traballamos o asesoramento psicopedagóxico concibido como un medio ao servizo social da individualización da ensinanza; unha realidade complexa e multiforme que se desenvolve nun contexto concreto como é a institución educativa. Así mesmo, a tarefa de asesoramento pode considerarse un proceso de construción conxunta que implica ao psicopedagogo e aos mestres dun centro, participando cada un conforme á súa formación. Cabe destacar tamén que non hai un único modelo de asesorar, xa que existen distintas formas de entender as causas e mecanismos que poderían explicar o desenvolvemento do alumnado. Finalmente, algo aprendido nesta materia que considero importante mencionar é que a acción do asesoramento é multifuncional, e é que os asesores teñen que desenvolver nos centros unha amplia gama de funcións entre as que se atopan colaborar na mellora da práctica docente e do funcionamento dos centros; axudar ao profesorado a desenvolver unha organización escolar en consonancia coa dinámica do cambio; e mellorar a práctica profesional do profesorado a partir da reflexión psicopedagóxica sobre a súa acción, tanto respecto da planificación como das prácticas educativas, así como da avaliación do proceso.

En canto a este novo e último curso, durante o primeiro cuadrimestre seguiremos traballando o asesoramento, ademais de en esta materia, en outras como son Orientación Profesional, partindo do asesoramento como “counseling”; e en Avaliación de Centro e Profesores, na cal aínda non comezamos a traballar o asesoramento.

Seguro que ao longo deste curso irei ampliando e mellorando o coñecemento acerca do asesoramento, pero ata o momento isto é todo.