A MIÑA EXPERIENCIA ACADÉMICA NO ÁMBITO DO ASESORAMENTO (1ª TAREFA)

     Xa antes de comezar a escribir, só con pensar no que vou poñer nesta entrada, xórdenme numerosos interrogantes. O primeiro que podería compartir é o seguinte: ¿Por qué non se me veñen facilmente á memoria as materias nas que traballei sobre este tema? ¿Pode que o asesoramento estivera en moitas salsas e en ningún xantar?

      Botando man da listaxe das materias cursadas en Maxisterio e das cursadas no primeiro ano de Psicopedagoxía, lembro que nalgunha delas falamos de asesoramento desde distintos enfoques e plantexamentos.

      No que respecta a Maxisterio, penso que só saíu o termo asesor en "Organización do Centro Escolar", e o fixo desde un punto de vista centrado no que del se di na LOE. Ademais, non era a figura do asesor nin o asesoramento en si o que centraba a nosa atención nesta materia.

      No primeiro ano de Psicopedagoxía, cursei varias materias nas que algo tiña que dicir o concepto de “asesoramento” e o termo “asesor”. En “Deseño, Desenvolvemento e Innovación no Currículo”, aparecía o asesor como unha figura que cumpría unha función importante nesas “tres fases” polas que pasa o currículo, pero non nos detivemos nesta figura nin nas súas funcións, xa que a materia centrábase máis en describir e reflexionar sobre esas “tres etapas” do currículo: deseño, desenvolvemento e innovación. “Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica” quizais foi a materia na que máis se tratou este tema; porén, centrábase na orientación propiamente dita: modelos, servizos…e o concepto de asesoramento e de asesor tratábase máis en prol de diferencialo do que era a orientación en si que de abordalo en si mesmo. Polo menos, isto é o que son quen a lembrar botando a vista atrás.

      Pensando neste curso, pode que o tema do asesoramento estea presente nas materias de “Orientación Profesional” e “Orientación Educativa e Titoría”, pero penso que será máis en termos de discernir entre asesor e orientador que en termos de mergullarse no concepto de asesoramento. Porén, aínda é pronto para asegurar nada.

      Ao plasmar por escrito a miña experiencia académica no ámbito do asesoramento, doume conta de que aínda que non sexa unha experta neste campo, si debería ter moi claras certas nocións mínimas como qué é un asesor, qué funcións ten, cales son as diferenzas entre asesoramento e orientación… Pero certamente, non o teño claro e isto inquiétame e plantéxame varias preguntas: ¿emprégase a metodoloxía correcta para ensinar contidos?, ¿temos os alumnos o suficiente interese e curiosidade por aprendelos?, ¿espértase a curiosidade dos alumnos?, ¿os profesores pretenden ensinar ou só cumprir cos seus horarios de traballo? e ¿en prol de que traballamos os alumnos: aprender ou ter un título? Quizais na reflexión sobre estes interrogantes estean moitas das claves do difícil pero apaixoante camiño da ensinanza-aprendizaxe.image

.

Comentarios

  • Estíbaliz Campelo Izquierdo

    Hola Mari Smile!!! al realizar esta misma actividad, me surgieron interrogantes similares a los tuyos, y es que a pesar de que el término asesoramiento ha estado presente en más de una materia a lo largo de nuestra formación , yo también tengo un visión  borrosa e incompleta sobre el mismo.

    Considero que la metodología que ha primado en nuestra formacion ha sido la fundamentada en clases magistrales de teoría, tiza, pizarra y papel. Se ha dejado bastante de lado la aplicación real de los contenidos. En la mayoría de las clases prácticas, el sentido de realidad, aplicación, utilidad o adaptación de contenidos a diferentes tipos de situaciones, se reducía a continuar trabajando las clases teóricas pero en grupos y mediante actividades puramente conceptuales. Innovar en la forma de hacer las cosas desde mi punto de vista potencia el interés , incrementa la atención y permite grabar de forma más consistente los conocimientos. Y si no, recordar alguna asignatura que os haya marcado a lo largo de vuestro proceso de aprendizaje, pensar por qué y qué es lo que sabeis sobre ella.

    Continuando con el resto de interrogantes que planteas, algunos de los aspectos que opino que influyen directamente en la curiosidad de los alumnos, son tanto las expectativas de los profesores como su formación y su capacidad para motivar a los estudiantes.

    Sobre todo quiero destacar, las expectativas del docente, es decir, la representación que tiene un profesor de sus alumnos,lo que piensa y espera de ellos, las intenciones, y capacidades que les atribuye ya que pueden llegar a modificar el comportamiento, el esfuerzo y el rendimiento real de los alumnos. Además estas guían el modo de actuación y comportamiento del profesor en el aula.

    Espero haber aportado algo a esos interrogantes Mari. Interesante planteamiento. Besitos!!!!Wink

  • María Arenas

    Gracias Esti!!!