Análise sobre as materias nas que temos traballada a temática de Asesoramento

Esta primeira tarefa obrigoume a facer un percorrido polas materias cursadas en anos anteriores e facer unha análise acerca de en cales delas traballamos xa a temática do asesoramento.

A materia na que máis profundizamos sobre dito concepto durante o cuarto curso de Psicopedagoxía, foi na materia de Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica, tanto no primeiro cuadrimestre cos profesores Juan Carlos Pardo Pérez e Alfonso García Tobío, como no segundo cuadrimestre coa profesora María Xosé Méndez.

Ao longo da materia fomos analizando detalladamente que o asesoramento consiste pois no apoio e na axuda que se presta para que o centro avance. Dito asesoramento adquire unha dimensión asesora cando é capaz de establecer un espazo no que, grazas a acción conxunta e complementaria dos profesores e do profesional que o ofrece, se produce un cambio cualitativo na representación de determinada situación e/ou na súa execución práctica. O asesor é concibido como alguén que máis que intervir e ditaminar, busca traballar coa comunidade educativa na búsqueda comunitaria e participativa de solucións aos problemas detectados ou na implementación de iniciativas de cambio.

O enfoque do asesoramento defendido en dita materia correspóndese co enfoque Educacional – Constructivo do asesoramento psicopedagóxico porque se aproxima ao perfil máis contextual, preventivo e colaborativo que constitúe o que se denomina enfoque educacional, por contraposición a modelos ou enfoques clínicos e asistenciais.

Durante este último curso estamos a traballar este mesmo concepto en outras materias como a de  Orientación Profesional, onde se está a comparar con outros conceptos como son o da orientación.

Evidentemente ao longo do curso presente iremos tendo un maior e profundo coñecemento acerca da temática do asesoramento, que nos servirá para ter unha maior formación a hora de desempeñar funcións de axuda e apoio profesional tanto aos profesores como aos centros educativos.