SOMOS CREADORES, NON REPRODUTORES. PORTAFOLIOS. (2ª SESIÓN)

      Neste segundo encontro, o primeiro para algúns, centrámonos no portafolios como medio de traballo e avaliación. No meu caso, non é o primeiro contacto con esta ferramenta, pero cada plantexamento de traballo con ela precisa un proceso de adaptación e supón un novo reto.

image

      Teño que dicir que sempre tiven certas reticencias cara aos portafolios como medios de traballo e avaliación. Quizais por non entender moi ben o seu por qué, quizais porque non me parecen un medio demasiado obxectivo de avaliación, quizais porque nunca me explicaron demasiado ben para que servía e cal era o seu propósito… Por todo isto, penso que esta clase foi produtiva, xa que fai entender o portafolios como un medio de enriquecemento continuo, xa que podes acceder ao traballo realizado polos teus compañeiros, e pode que incluso como elemento de motivación, xa que o teu traballo é exposto de cara aos demais. Porén, require un grande esforzo, require constancia, require reflexionar, require buscar, ter inquietudes, ter capacidade crítica… require a fin de contas crear e non reproducir.

      Escribir unha entrada no teu portafolios, supón clarificar a información que recolles e as ideas que tes por medio da túa propia reflexión, construíndo  así coñecemento.

      Despois de tratar o tema do portafolios, comezamos xa a traballar para construír ese punto de partida do que falei nas outras entradas: ¿cales son os distintos ámbitos e escenarios do asesoramento?, ¿Qué entendemos por asesorar?, ¿qué fai un asesor?... E traballamos en grupo, o cal resulta moi enriquecedor e permite contrastar moitos puntos de vista, levando implícita a necesidade dun debate e dunha reflexión.