Tarefa 1: materias nas que se aborda a temática do asesoramento

Ó longo da nosa traxectoria estudiantil (sobre todo na etapa universitaria) traballamos a temática do asesoramento en varias materias, máis superficialmente ou en maior profundidade, pero traballámola. Ó facer memoria, véñenseme á mente materias como “Bases Psicopedagóxicas da educación especial”, realizada durante a diplomatura de Maxisterio en Educación infantil. Neste caso, abordamos a temática dun modo moi superficial, por non dicir case nulo; algo co que non estou de acordo pois creo que xa dende un principio se tería que ter abordado este tema, tendo en conta a carreira que estabamos a estudar e o feito de que no noso futuro profesional imos estar en continuo contacto con alumnos, familias, profesores...e debemos ter moi claros estes termos e saber como levalos á práctica.

Polo que respecta á licenciatura en Psicopedagoxía, foi este o primeiro momento no que me falaron do asesoramento nun sentido amplo.

Durante o 4º curso, abordamos esta temática en asignaturas como “Diagnóstico en educación” e “Intervención psicopedagóxica nos Trastornos do desenvolvemento”, aínda que en ambas dun modo moi sinxelo e simplemente dando lixeiras pinceladas sobre o tema. Foi en materias como “Psicoloxía da instrucción” ou “Modelos de orientación e intervención psicopedagóxica”, onde abordamos a temática do asesoramento dun modo máis profundo, informándonos sobre o tema e traballando sobre él de maneira profunda.

No curso actual estamos a abordar a temática do asesoramento de modo moi profundo en asignaturas como “Orientación profesional”, na que realizamos unha comparación entre asesoramento (counseling) e orientación (guidance) establecendo a orientación como un proceso:

  • Máis cognoscitivo.
  • Máis persoal e público.
  • Iniciado xeralmente polo orientador/a.
  • Máis colectivo, pois fai referencia a actividades que se desenvolven en grupo.
  • Ámbito de educación vocacional, aínda que se estende ó ambito educativo en xeral.

Pola contra, nesta materia (Orientación profesional) definimos o asesoramento como un proceso:

  • Máis afectivo.
  • Máis persoal, privado e confidencial.
  • Iniciado polo cliente (porque supón sempre que a persoa parte da aceptación da súa situación)
  • Individualizado (aínda que existe o counseling grupal)
  • Foi estendido a diversos campos (multidisciplinar)

Botando a vista atrás observo que os meus coñecementos sobre o asesoramento foron en aumento, pois durante a Diplomatura apenas escoitei falar deste termo e polo tanto pouco aprendin sobre él, pero dende que comecei a Licenciatura os meus coñecementos sobre esta temática increméntanse pois nas diversas materias vaise tratando este tema en maior profundidade, algo que me parece moi productivo para a miña formación e para un futuro profesional non demasiado lonxano.

Seguirei indagando sobre o tema...