Día Mundial da Educación Social.

Bos días a todas e todos! 

Aproveitando que é día 2 de outubro, gustaríame compartir con todos vos, que hoxe é o Día Mundial da Educación Social. Sei que estamos nun momento bastante complicado no que atinxe ao ámbito educativo, por iso hoxe e cada vez máis, temos que facernos ver e defender o noso espazo dentro da sociedade, xa que como a propia definición indica, "a Educación Social é un Dereito da Cidadanía...". 

De todas maneiras... Feliz día Educador@s!

Gustaríame tamén compartir con todos e todas un vídeo que realizaron antigos compañeiros/as da USC, sobre as diferentes visións e tópicos da Educación Social.