• Blogs
  • EPII
  • Qué sabemos sobre o profesorado e a súa formación desde dúas perspectivas.

Qué sabemos sobre o profesorado e a súa formación desde dúas perspectivas.

Desde a nosa experiencia como alumnas observamos que: 

  • O profesorado céntrase no cumprimento de impartir toda a materia, sen adaptarse ao ritmo da aula.
  • Descoñecíamos que os nosos profesores e profesoras tiveran unha formación específica relacionada coa súa formación pedagóxica.
  • Podíamos distinguir claramente en profesionais aos que nos considerábamos con vocación (máis preocupados polo aprendizaxe de cada alumno e alumna) e sen vocación (profesores e profesoras que se centraban na exposición da materia sen interacción co alumnado).
  • A relación entre profesor/a e alumno/a tiña moita importancia, xa que o profesorado podía marcar o teu camiño escolar e tamén inculcan valores.
  • Observamos un claro descoñecemento das TICs que, por outra banda, estaban relegadas ás horas adicadas ás materias de tecnoloxía ou informática.

Desde a nosa formación universitaria previa:

  • Agora coñecemos qué estudos debe ter unha persoa que quere ser docente.
  • Coñecemento das súas responsabilidades, habilidades e destrezas.
  • Consideramos que a formación do profesorado debe ser maior.
  • Profesoras/es inflúen moito no alumnado.
  • Continuamos pensando que existe un gran descoñecemento das TICs, polo que creemos necesario que se aumente a súa formación en relación ás novas tecnoloxías.
  • Prodúcense moitas discrepancias entre a teoría e a práctica, incluso nos docentes da nosa etapa universitaria, insistindo en qué debemos facer como futuros profesionais da educación pero que eles nunca fan.