Día Mundial do Docente

Posto que hoxe é o Día do Docente, adicarei a entrada a esta temática.image

Ainda que moitos non estean de acordo con esta opinión e lle resten importancia á profesión de profesor polo feito de que para acceder á carreira de Maxisterio se pide unha nota baixa, para min este profesional ten gran importancia porque son os mestres os que están formando a persoas (uns mellor e outros peor) que nun futuro, quizás non demasiado lonxano, serán o motor de cambio.

Por esta razón, paréceme un feito moi importante que se lle adique un día de homenaxe á figura do profesor, profesional que na actualidade está tan pouco valorado.

¿Quen non tivo de pequeno un profesor que foi unha peza clave na súa vida e un modelo a seguir? Creo que a poucas persoas lles pasou isto. No meu caso, a miña mestra de Infantil foi ese modelo a seguir, esa persoa que tanto me axudou e que me transmitiu os meus primeiros coñecementos académicos no ámbito escolar. Quizás sone moi “sentimental” pero xunto a ela presenciei cousas inolvidables e creo que esta persoa foi unha das principais razóns polas que fixen a carreira que fixen, Maxisterio Infantil. Dende moi nova tiña moi claro que quería estudar esta carreira, porque quería axudar ós nenos no seu primeiro contacto co mundo escolar e transimitirlles ese gusto por aprender, por indagar, investigar... igual que a miña mestra me transmitiu a min. Dalgunha forma sentía a necesidade de repetir con outros nenos o que fai máis dunha década fixeron comigo.

E aquí estou...cunha carreira de Maxisterio Infantil ás costas e rematando Psicopedagoxía!