PSICOPEDAGOGOS/AS E CONTEXTOS DE ASESORAMENTO (3ª SESIÓN)

      Nesta sesión, continuamos coa tarefa iniciada a semana pasada, na cal, por grupos, debatimos sobre a figura do asesor, as súas funcións e os seus escenarios de actuación. Podemos considerar iso como un primeiro nivel de análise; así, nesta sesión pasamos a un segundo nivel de análise. Para isto, a profesora recompilou as aportacións de todos os grupos e elaborou un documento que nos entregou. Con isto, a nosa tarefa consisistía e facer esa segunda análise, en buscar que similitudes e diferenzas había entre as aportacións dos diferentes grupos, que cousas faltaban... Isto é un exercicio de crecemento grupal, é un enriquecemento do coñecemento propio a través das elaboracións dos demais. Ademáis, favorece a reflexión e a reeconstrucción dos propios saberes.

      Así, podo dicir que me quedei con diversas ideas sobre as cales considero interesante a reflexión:

       - Posto que un asesor traballa desde a perspectiva do apoio, resulta fundamental a creación de redes de apoio. ¿Considerades que existen realmente estas redes dentro do sistema educativo?, e, en caso de que 

image

si, ¿son redes tan só a nivel "oficial" ou operan de xeito efectivo na práctica?

      - Ninguén pode asesorar sobe o que non sabe. Á capacidade de enfrontarnos á tarefa cos instrumentos adecuados chamámoslle profesionalidade. ¿a figura do asesor está valorada socialmente? ¿consideramos que é precisa unha grande formación para ser asesor?

       - Un asesor, atópase no seu lugar de traballo con perfiles moi diferentes. ¿Como pode un asesor afrontar este reto? Quizáis aquí cobra relevancia a afirmación de que a empatía é un concepto moi importante no campo do asesoramento.

       - Horizontalidade: é unha peculiaridade do asesoramento cando se traballa con outros profesionais e constitúe unha diferencia coa orientación. A horizontalidade debe ser entendida como un estilo de realizar a tarefa que implica un diálogo e un xogo interactivo. En referencia a isto, a min plantéxaseme un interrogante: neste imagetraballo conxunto, ¿cómo se establecen os límites entre o persoal e o profesional?, ¿pódese traballar deste xeito sin que se cree ningún tipo de relación persoal?, ¿si se establecen relacións persoais, poden ser un perigo para o traballo profesional?

      - O asesoramento, pode xurdir de modo espontáneo e de xeito informal. ¿cales son, ou deben ser, as diferenzas entre o asesoramento profesional e o asesoramento espontáneo?, ¿son cousas opostas?, ¿credes que o asesoramento espontáneo e informal é importante e valioso dentro do campo do asesoramento profesional?

      Pois estas son algunhas das ideas que recollín na aula e que me levan a plantexar e reflexionar sobre estes interrogantes. Anímovos a lelos, a reflexionar sobre eles e a plantexar outros novos. image