Construcción do rol de asesor/a

Posto que a construcción do rol de asesor/a é un dos contidos que estamos a tratar agora mesmo nesta materia, adicareille esta entrada a esta figura. Centrareime principalmente no rol dos asesores no ámbito educativo (quizais por ser o que teño máis cercano), aínda que, obviamente, todo iso se pode traspasar a outros ámbitos e escenarios.

Como xa sabemos, os asesores pedagóxicos son profesionais encargados de axudar e asesorar (como a propia palabra indica) a toda persoa implicada no proceso educativo co fin de mellorar a práctica educativa. Aínda que non existe unha definición clara do papel dos asesores, podemos realizar unha aproximación a ela. Unha das funcións claves do asesor é traballar coas persoas implicadas no proceso de asesoramento, co fin de mellorar as relacións que se dan entre estes e mellorar ó mesmo tempo a organización do traballo no sistema.

Podemos falar do rol de asesor como unha dualidade: por unha parte fálase de rol como unha serie de expectativas de comportamento que se lle esixen a este ó ocupar unha posición social determinada e, por outro lado, fálase de rol como papel que xorde ó ocupar un determinado escenario.

Sanz e Sobrado (1998: 27) definen o concepto de rol profesional como o conxunto de realizacións no desempeño do traballo que expresan as accións e resultados esperados dos profesionais da orientación nas diferentes situacións laborais. Tamén podería ser definido como o papel ou papeis propios e xenuínos dos orientadores no desempeño das accións típicas das súas intervencións psicopedagóxicas.

Existen varios roles atribuídos ó traballo do orientador que son os seguintes:

 image 

 

Pero eu centrareime no rol de asesor:

O macro-rol de asesor ven definido por un dos grandes modelos de intervención, o modelo de consulta, e inclúe os roles de asesor de profesores, conselleiro, consultor, informador, asistente, director pedagóxico e formador. Centrareime só nalgúns:

  • Rol de asesor de profesores, caracterizado como profesional con coñecementos e experiencia en orientación capaz de dar resposta a situacións conflitivas complexas en forma de suxerencias, orientacións, procedementos ou materiais, dirixidos a outros profesores, ben ante demandas dos mesmos, ben a partir da evaluación de necesidades realizada polo propio orientador ou a institución. É o máis importante, ó que lle adican máis tempo e para o que se sinten máis preparados os orientadores.
  • Rol de consultor, entendido como persoa especialista en psicopedagoxía á que poden acudir profesores, alumnado e familia a pedir parecer ou opinión.
  • Rol de informador, definido como profesional que acumula unha información precisa e relevante sobre orientación e educación e establece os mecanismos oportunos de transmisión da mesma ós seus destinatarios.  Resalta o papel da información no proceso de orientación pois sen información non hai posible orientación. Para orientar hai que coñecer e para decidir hai que estar informados.
  • Rol de formador de pais, como responsable co-solidario co tutores de que os pais adquiran os coñecementos, habilidades e actitudes apropiados en orden a unha educación dos alumnos-fillos integral e armonizada dende os contextos escolar e familiar. É indudable que os pais constitúen un dos destinatarios clave na orientación.
  • Rol de formador de profesores, caracterizado como responsable expreso e formal de detectar e desenrolar labores de formación no centro dos profesores.

 

Dende o meu punto de vista, o máis importante é entender que o rol do asesor o vai construíndo él mesmo, a medida que interactúa cos iguais, polo que podemos dicir que o papel do asesor non se trata de algo que esté marcado, que debe ser dunha maneira ou doutra, senón que se trata dun papel que se vai adquirindo a medida que se traballa e que se adquire segundo as expectativas que este teña, segundo as relacións que mantén no sistema...

Por último, creo necesario mencionar que non existe unha única forma de entender o asesoramento en educación, xa que existe unha variedade de definicións acerca de dito concepto. Sen embargo, podemos dicir que o obxetivo principal do asesoramento é conseguir a autonomía progresiva da persoa, concebindo así o asesoramento como unha tarefa compartida, como un proceso de construcción que teñen que realizar de forma conxunta docente e psicopedagogo.

 

Bibliografía revisada: XXI. Revista de Educación, 9 (2007). ISSN: 1575-0345. Universidad de Huelva.