Denominación Piecitas

Hola a todos/as, tras ver a diversidade de nomes grupais o día anterior na clase, parécenos interesante facer unha entrada acerca da escolla do noso nome. Asimismo, sería interesante coñecer tamén a orixe dalgún nomes tan variopintos como sailor moon, bolboretas, buxainas ou pentagrama, entre outros.. Xa que dentro de cada un deles, atópase unha reflexión, un análise, un debate ou polo menos, iso foi o que pasou co noso nome pois, a pesares de tratarse dunha tarefa case sen importancia, aínda lnos levou o seu tempo decidirnos.

Para escoller o noso, en primeiro lugar, fixemos o típico de xuntar as iniciais de cada un dos nosos nomes pero... A verdade, os nosos nomes eran difíciles de unir polo que deixamos esa alternativa a un lado. Tras moito pensar e dar alternativas, xurdiu a idea de nomearnos Piecitas.

Piecitas fai referencia a un conxunto de cousas, aspectos, trozos... que ao unirse da forma algo común. Trátase dunha especie de metáfora de cada un dos membros que conforman o grupo. Cada unha de nós vimos dun lugar, dun contexto determinado cun entorno diferente. A pesares de cursar a misma carreira( pedagoxía) nos mesmos anos e cos mesmos profesores, cada unha de nós ten unha propia perspectiva acerca das cousas, o que non quere dicir que sexa unha mellor ca outra, senon que é diferente. O que pretendemos é que esa mochila que traemos cada unha de nós, se complemente, creando así un coñecemento conxunto e máis enriquecedor, aludindo así a un termo mencionado o outro día na clase que se corresponde na súa totalidade co que nos pretendíamos co noso nome, a intelixencia colectiva, xa que un grupo pensando é moito máis intelixente (senon máis intelixente, sí máis rico) que un de maneira individual. 

E ata aqui a nosa explicación. Un saúdo!

Comentarios

  • Lourdes Montero

    Paréceme unha idea moi boa esta de explicitar os motivos da elección do nome porque fai que elexir un nome para denominarse pase polos filtros da indagación, a busca, a colaboración e a toma de decisións.

    Puiden facer esta entrada moito antes... "nunca es tarde si la dicha es buena".

    Saludos

    Lourdes

  • Jeannina Búa Devesa

    Aunque ya haya pasado su tiempo, muchas gracias por la apreciación Lourdes! Un saludo!