• Blogs
  • Lidia Antelo Pérez
  • Reflexións e ideas extraidas da última clase de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores

Reflexións e ideas extraidas da última clase de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores

   Na sesión do 3 de Outubro de “Asesoramento Curricular a Centros e Profesores” estivemos traballando en pequenos grupos arredor da tarefa encomendada pola profesora na semana anterior de “¿Qué entendemos por asesorar?” e as distintas preguntas que se nos formularon ó respecto.

   Neste caso, a profesora entregounos a cada grupo un extenso documento no que aparecían recompiladas ditas actividades realizadas polos distintos grupos que constitúen toda a clase. A cada pequeno grupo otorgóusenos unha determinada pregunta sobre a que debiamos reflexionar arredor de aspectos tales como se había comprensión da tarefa, se se daban diferenzas significativas, que considerábamos que faltaba, se eran semellantes as respostas duns grupos cas dos outros...Mediante isto, un dos obxectivos que se pretende lograr é o enriquecemento colectivo ou, dito doutra forma, fomentar a intelixencia múltiple a partires das aportacións realizadas por todo o grupo clase sobre a materia en si mesma e tamén a través das experiencias, coñecementos e vivencias de cada un ou unha.

   Unha vez que todos os grupos rematamos e ler e comentar todo o que considerabamos relevante de dito documento, procedemos a comentar en gran grupo cada unha das preguntas, aínda que non foi posible comentalas todas por falta de tempo.

   Sen embargo, considero relevante salientar algunhas ideas que foron xurdindo das preguntas “Identificar escenarios nos que se desenvolvan tarefas de asesoramento” e “¿Que fai un asesor e asesora?”.

   Cómpre dicir que non se atopan diferenzas significativas en canto ós escenarios nos que se desempeña o asesoramento, simplemente destacar a figura do axente mediador e que o asesoramento é unha tarefa moi ampla pero moi xenérica ó mesmo tempo. É imprescindible dicir que algo fundamental é que ninguén pode asesorar sobre algo que non sabe e que este pode xurdir de forma espontánea e informal. Ademais, tamén se identifican outros escenarios, non so os clásicos, posto que todos os escenarios están na rede.

   Tamén se comentou a necesidade de distinguir entre asesoramento e orientación, que non se explica a importancia de que o asesorado sexa quén teña a última palabra sobre as súas decisións, que o asesoramento destínase tanto ós desexos de mellora como a resolución e/ou axuda de situacións problemáticas e que é necesario un acompañamento en dito proceso de asesoramento así como un seguimento do mesmo. Outros aspectos que se resaltaron na posta en común foron se co asesoramento se da realmente un apoio psicolóxico; se asesoramento e apoio terapéutico están ligados; a natureza triádica do proceso así como o seu carácter confidencial, se é promotor de saúde, se se realizan actividades de perfeccionamento e/ou actividades formativas...; que non se busca con el a autonomía ou empoderamento da persoa á que se vai axudar ou prestar consello e que o asesor tamén pode e debe abrir múltiples interrogantes.

   Na próxima sesión e xa coas restantes preguntas traballadas entre todos/as, continuarei comentando as conclusións e percepcións extraídas das mesmas.