Funcións dos asesores

Seguindo a liña da entrada anterior, na que falei da construcción do rol de asesor, esta adicareina ás funcións propias da figura do asesor.image

Dende unha perspectiva educacional constructivista, podemos definir o asesoramento psicopedagóxico como un proceso interactivo de axuda, que involucra tanto ó asesor como ós asesorados nunha relación colaborativa e que propón orientar ós centros educativos no coñecemento e estratexias necesarias para que a escola poida elaborar os seus propios proxectos de cambio, poñelos en marcha e avalialos.

Nesta definición podemos observar claramente certos aspectos que considero necesario resaltar. Por unha banda, fálase dun traballo conxunto e colaborativo co mestre; por outra, fálase da idea de cambio levando a cabo un traballo dentro da escola, que se ve influenciada e que inflúe ó mesmo tempo na realidade do mundo exterior; así como a idea de diagnóstico e avaliación.

A finalidade do asesoramento psicopedagóxico na escola é, por tanto, contribuír coas suas accións á mellora cualitativa dos procesos de ensinanza/aprendizaxe. O asesor, dende dentro ou fora da escola é un profesional que debe manter a ésta vinculada e relacionada cos avances da investigación psicoeducativa e colaborar na búsqueda de estratexias para afrontar as situacións de conflicto ou dificultade que xorden no proceso educativo. O asesor será o investigador das posibilidades de mellora da escola e por tanto un facilitador do cambio sendo respetuoso en todo momento coas directrices e ritmos marcados polos órganos de decisión da escola, así como comprensivo coas actitudes de resistencia ó cambio que poidan xerar.

Por tanto, no traballo do asesoramento psicopedagóxico débese dar gran importancia a aqueles aspectos que se refiren á relación cos mestres, ó coñecemento da institución e ós aspectos de relación e de comunicación, que a menudo quedan bastante olvidados. Así, o asesor tratará de recoller e analizar os aspectos que trascenden puramente ós individuais intentando estudiar a situación na que se producen os problemas, a situación de aprendizaxe, a metodoloxía aplicada, os aspectos positivos do alumno, a súa situación familiar e social e a partir deste primeiro contacto intentará provocar cambios que axuden ó alumno a saír da súa dificultade e ó mestre a ver a situación nun contexto máis amplo.

Centrándonos nas funcións do asesor, propiamente ditas, creo necesario diferenciar varios ámbitos de actuación dentro dunha escola: asesoramento ós órganos de dirección e xestión do centro, ó profesorado (docentes e tutores), ó alumnado e ás familias.

No caso do asesoramento ós organos de dirección e xestión do centro, pódese dicir que é o ámbito máis complexo e con máis riscos para o asesor. Este aportará coherencia ó proxecto educativo, ó diseño e avaliación do Plan de acción Tutorial, ó funcionamento dos equipos, á formación do persoal, á xestión dos recursos humanos, ou á implantación dun sistema de calidade no centro, pois na práctica o asesor está presente nos equipos directivos e de coordinación e no asesoramento a directores e coordinadores académicos.

No caso do asesoramento ó profesorado, o asesor contribuirá á mellora da calidade docente e tutorial coa súa intervención en equipos de profesores e tutores ou respondendo de xeito individual ás suas demandas de asesoramento. Por outro lado, as relacións con alumnos e familias, a metodoloxía docente, a elaboración de material didáctico, a planificación da avaliación das materias, a atención á diversidade, a formación e manexo da satisfacción laboral dos propios profesores, son áreas nas que o asesoramento psicopedagóxico pode enriquecer a práctica docente e tutorial; así, as estratexias que o asesor empregue neste ámbito poden ser clave para o apoio que anima á mellora profesional e colabora na búsqueda de estratexias válidas para que esta mellora se produza.

Por último, no ámbito do asesoramento ó alumnado e ás familias, a práctica profesional do asesor diríxese a situar a intervención grupal ou individual dos asesores psicopedagóxicos con alumnos e familias no continuo da acción educativa e orientadora da escola, cuxos referentes fundamentais son os titores. Así, o papel do asesor consiste en incrementar o potencial educativo de pais e titores, o cal implica a veces traballar directamente cos alumnos, pero en xeral é esta unha intervención complentada e coordinada co asesoramento a titores, profesores e familias.