Clase do 3 de outubro

Por Leti

Esta segunda entrada vai adicada á clase do día 3 de outubro, xa que me resultou imposible realizala antes. En dita clase a tarefa consistíu en traballar en pequenos grupos analizando as cuestións realizadas na tarefa ¿Qué entendemos por asesorar? realizada anteriormente de xeito grupal.

Tras entregarnos a mestra unha copia con todas as preguntas e respostas dadas por todos e cada un dos grupos, ao grupo bolboretas tocounos analizar o apartado 3, que debía ser analizado tamén polos grupos Pool comunitario e La banda del patio. O noso traballo consistía en analizar nas diversas respostas de todos os grupos se se había entendido a tarefa, resaltar as diferenzas significativas, dicir qué considerábamos que faltaba, as semellanzas nas respostas, ….

Unha vez que tiñamos claro o traballo a realizar, as tres compoñentes do grupo dispuxémonos a ler as respostas e comezar con unha análise individual, que finalmente puxemos en común entre nós. Cando todos os grupos rematamos, comezamos coa posta en común en gran grupo. Para iso comezaron os grupos que tiñan que analizar o apartado 1 e logo falaron todos os do apartado 2.

Con esta forma de traballo preténdese fomentar unha intelixencia múltiple a través do enriquecemento colectivo acadado coas diversas aportacións realizadas por todo o grupo-clase.

Entre todo o falado ao longo da sesión, paréceme interesante resaltar a necesidade de distinguir entre orientación e asesoramento e que este último non só se dirixe á resolusión de problemas senon que tamén está ligado ao concepto de mellora

Nesta clase non dou tempo a rematar a todos os grupos, polo que continuamos o próximo día.