Prácticum II: Inicio das prácticas

Despois dun período de ausencia pola rede, pero en ningún momento sen deixar de pescudar e intentar crecer no meu proceso de aprendizaxe, volto para falar da miña primeira toma de contacto cas prácticas correspondentes o Prácticum II.

Antes de comezar a falar dos primeiros días na Institución farei un achegamento a mesma, debido a que pode haber xente que non coñeza o meu centro de prácticas xa que falei do mesmo fai moito tempo.

As miñas prácticas as levo a cabo no Instituto Galego de Consumo, e concretamente dentro da Escola Galega de Consumo. O  IGC realiza a inspección e control de calidade dos estabelecementos, bens e servizos existentes no mercado xa como consecuencia de reclamacións e denuncias dos consumidores, xa enmarcadas dentro de campañas programadas polo propio IGC. En relación a Escola Galega de Consumo, a mesma, créase como un instrumento para coordinar as actividades de educación e formación no eido do consumo, coa finalidade de impulsar e desenvolver a educación e formación dos consumidores galegos a través da realización de cursos, obradoiros, conferencias, publicacións e estudos.

A través das programacións anuais, a escola canaliza as actividades de formación e educación neste ámbito, que promove a Xunta de Galicia tanto na educación formal como non formal, dando resposta á planificación estratéxica que estea estabelecida en cada momento e, en función das demandas dos consumidores e da evolución do mercado.

Unha vez aclarada a función propia da institución farei un repaso a actividade que levei a cabo nestes primeiros días. Esta actividade a podemos centrar en dous programas fundamentais cos que traballei. Neste punto cabe destacar que ámbolos dous programas teñen como protagonistas fundamentais o profesorado, polo que resulta moito máis importante destacalos debido a  materia que estamos a tratar.

O primeiro trátase dun programa formativo nunha ferramenta específica ca que conta a Escola Galega de Consumo. A través da Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA) a Escola Galega de Consumo pretende formar a profesorado de diferentes centros no Simulador de Compras, co obxectivo de que este profesorado poida formar o seu alumnado con dita ferramenta. Neste proceso tiven a oportunidade de participar na elaboración dos módulos mediante os que se levará a cabo a formación do profesorado.

O simulador pon a disposición do usuario una tenda virtual na que se pode achegar a actividades cotiás como a compra de alimentos. Permite ademais traballar distintos aspectos do consumo como o pago por Internet e outros relacionados cos dereitos dos consumidores, entre os cales se encontran o etiquetado dos produtos, vendas a distancia, publicidade, protección de datos e realización de reclamacións. Este simulador é único en España e sitúa a Galicia na vangarda da formación e educación dos consumidores.

Por outra banda, traballei no Plan Proxecta que se trata dunha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos da administración autonómica  dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros públicos  a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación nos propios centros a través de  programas externos  que leven á motivación e ao traballo activo e colaborativo  do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, o obxectivo central deste plan é construír modelos de mellora mediante proxectos interdisciplinares integrados na programación xeral anual  que teñan un alto potencial de transferibilidade tanto no propio centro no que se orixinan como no resto da comunidade educativa galega.

Dentro de dito plan o traballo foi levado a cabo no programa Galicons-net. Este programa trata de facer unha investigación sobre consumo e xénero ou publicidade.

O alumnado dividido en grupos deberá realizar o traballo de campo nalgún aspecto, ou varios, dos temas propostos, analizar os resultados e expoñelo a outros grupos utilizando diferentes técnicas e recursos, conformando así un proxecto interdisciplinar centrado en estratexias activas e colaborativas.

Para este programa diversos centros presentaron as súas propostas e posteriormente a Escola Galega de Consumo fixo a súa selección. Neta selección tiven a oportunidade de participar e poder dar o meu punto de vista sobre as propostas presentadas.

Para concluír a entrada e como síntese e análise do mencionado anteriormente debo destacar a satisfacción que tiven o comprobar o desexo de gran número de centros e profesionais de participar neste tipo de programas e formación de carácter externo debido a gran aportación que poden ter os mesmos, o proceso de formación do seu alumnado.

Despois dos múltiples debates que xurdiron nos últimos días de clase con respecto o profesorado, e todo isto, unido os meus primeiros días de experiencia nas prácticas considero que como aspecto fundamental ten que existir un compromiso  co aprendizaxe profesional continuo e unha capacidade de crecer e mellorar nas estratexias de formación dun xeito constante. Polo tanto o eixo central debe ser a motivación tanto do alumnado como do profesorado para a contrucción do proceso de aprendizaxe.

 

Webgrafía